Miranda recorda a través das ondas en esRadio Galicia que Emigración mantén aberta a convocatoria das bolsas BEME
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recordou hoxe a través do programa “Es la mañana en Galicia” de esRadio, que a convocatoria das bolsas de Excelencia Académica BEME continúa aberta, ofrecendo 250 prazas para galegas e galegos do exterior que desexen realizar un máster nunha das tres universidades galegas.
O responsable de Emigración tamén destacou o traballo que xa se está a facer para poder dar luz verde en breve ás novas convocatorias de axudas para os retornados e retornadas, tanto de carácter social como para os emprendedores e emprendedoras que regresan a Galicia e poñen en marcha unha iniciativa empresarial. Finalmente, Miranda destacou o acordo entre a Secretaría Xeral e a Academia Galega do Audiovisual para levar os oito filmes finalistas dos premios Mestre Mateo aos galegos e galegas do exterior a través da súa proxección a través de varios centros galegos en América, Europa y España.
- Audio: Entrevista ao secretario xeral da Emigración en esRadio | Descargar
Novas relacionadas