A Fundación Luis Seoane analiza a cultura gastronómica galega e mexicana no novo episodio do seu podcast “Galicia é migrante”

O podcast do Canal Seoane está inspirado na revista e a emisión radiofónica realizadas por Luis Seoane na década dos 50 na Arxentina.
O podcast do Canal Seoane está inspirado na revista e a emisión radiofónica realizadas por Luis Seoane na década dos 50 na Arxentina.
Canal Seoane - "Galicia é migrante II". Episodio 5
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2022.

A Secretaria Xeral da Emigración presenta un novo episodio do podcast que realiza a Fundación Luis Seoane, “Galicia é migrante”, e no que, nesta edición, se analiza a cultura gastronómica galega e mexicana.

Este proxecto, que conta co apoio da Secretaría Xeral, permite ofrecer información tanto sobre as galegas e galegos do exterior como sobre as e os novos galegos chegados de outros países do mundo, aportando entrevistas, actualidade e humor. Neste segundo programa de 2022, o quinto dende a súa creación, tamén se continúa coa análise da correspondencia entre Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane. 

O programa pódese escoitar na seguinte ligazón:  fundacionluisseoane.gal

360 lecturas