Emigración presenta hoxe por Facebook Live o Ciclo de cine Mestre Mateo para os galegos e galegas do exterior

A presentación realizarase hoxe, mércores 2 de marzo, ás 13:00 h (hora de España)
A presentación realizarase hoxe, mércores 2 de marzo, ás 13:00 h (hora de España)
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presenta hoxe, 2 de marzo, ás 13 horas (hora local de España) a través do Facebook Live de GaliciaAberta o novo Ciclo de cine Mestre Mateo para os galegos e galegas do exterior.

Nesta presentación estará acompañado do director xeral de AGADIC, Jacobo Sutil, e  do presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra. O Ciclo Mestre Mateo é unha programación estable de cinema dirixida á Galicia Exterior, que permitirá incluír na súa oferta cultural o máis destacado do audiovisual galego actual, dando así proxección internacional á cultura e lingua galegas.

407 lecturas