Miranda analiza coa Asociación de Empresarios Galegos en Portugal os proxectos futuros da entidade

Antonio Rodríguez Miranda e Francisco Guisado, durante a reunión celebrada en Lisboa
Antonio Rodríguez Miranda e Francisco Guisado, durante a reunión celebrada en Lisboa
Listen to this page using ReadSpeaker
Lisboa, 27 de febreiro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en Lisboa un encontro con Francisco Guisado, representante da Asociación de Empresarios Galegos en Portugal, no que analizaron os proxectos planificados para os próximos meses pola entidade, dentro dos contactos habituais de colaboración da Secretaría Xeral coas asociacións de empresarias e empresarios do exterior.

Durante esta reunión, tamén se puxeron sobre a mesa as problemáticas xurdidas nos últimos dous anos a causa da pandemia e a fase de recuperación que se está a vivir na actualidade. 

884 lecturas