Fernanda Góngora describe como a bolsa BEME lle facilitou atopar un emprego en Galicia e retornar á terra das e dos seus devanceiros
Continúa aberta a convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que ofrece a Secretaría Xeral da Emigración e que conta nesta ocasión con 250 prazas para que galegas e galegos residentes no exterior ou as e os descendentes de galegas e galegos poidan cursar un máster nunha das tres universidades de Galicia o próximo curso 2022/23.
Fernanda Góngora optou nunha convocatoria anterior por solicitar unha bolsa BEME para facer un mestrado na Universidade da Coruña que lle permitira vir a España dende Brasil a estudar e intentar atopar un emprego na terra das e dos seus devanceiros. A bolsa facilitoulle un ano de mellora formativa e de tempo para atopar ese posto de traballo co que agora conta e que lle permitiu instalarse de xeito definitivo en Galicia.
Novas relacionadas