O Centro Galego de Lleida presenta o número 35 da súa revista Xurdimento dentro da súa Semana Cultural 2022
O acto contou coa presencia do presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou Lorenzo.
O venres día 25 de febreiro de 2022, ás 20:30 horas, e cun cheo total no local social do Centro Galego de Lleida, procedeuse á presentación do número 35 da revista Xurdimento, a cargo de Xesús Palmou Lorenzo, presidente da Academia Xacobea e exconselleiro da Xunta de Galicia.
A presidenta interina do Centro e o secretario deron a benvida a todas e todos os presentes, socios, amigos e simpatizantes, e moi especialmente ás distintas autoridades locais que acompañaron no acto, entre elas as e os concelleiros do concello de Lleida, Francesc Josep Cerdá Esteve, Xavier Palau Altarriba e Begoña Iglesias Delgado; o presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir; o subdelegado do Goberno en Lleida, Josep Crespín Gómez; o presidente da Sociedad Civil Catalana, Javier García-Conde; o presidente dos Pesebristas de Lleida, Jordi Curcó i Pueyo, e o legado Pesebrista do Peu del Romeu, Emili Tordera, ademais das e dos presidentes das casas rexionais que pertencen á Federación de Lleida.
O conferenciante iniciou a súa intervención na lingua de Rosalía de Castro, o galego, facendo unha referencia á traxectoria da edición da revista e, xa en castelán, realizou unha brillante disertación sobre os Camiños de Santiago e a influencia que tiveron no desenvolvemento da sociedade.
Ao finalizar, a presidenta Interina do Centro, Dolores Blanco Roo, fíxolle entrega ao conferenciante dunha maqueta da Seu Vella de Lleida.
Novas relacionadas