Novas
Buscador
- Emigración destina 575.000 ás axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior 28.01.2022 audio O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destaca que este ano mantense a convocatoria para a adquisición de aplicacións informáticas de xestión que permitan facilitar a comunicación co Rexistro de Comunidades Galegas e a solicitude e xustificación de axudas á administración. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova... Máis información
- As e os galegos do exterior retornados poden xa acreditar, a través da Consellería de Emprego, a súa experiencia en diversas cualificacións profesionais 27.01.2022 audio O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar este procedemento que recoñece, con carácter oficial e validez en todo o Estado, a experiencia profesional ou formación non formal das traballadoras e os traballadores galegos. As e os emigrantes retornados que así o desexen poden xa acreditar a súa experiencia en varias cualificacións... Máis información
- Emigración anima ás e aos universitarios galegos do exterior a solicitar unha bolsa BEME recordando que en breve se abrirá a convocatoria 25.01.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración anima ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria a solicitar unha Bolsa de Excelencia Mocidade (BEME) para facer un máster o próximo curso nas universidades galegas, tendo en conta que en breve abrirase a nova convocatoria. María Valverde, estudante bolseira BEME da Universidade... Máis información
- Emigración colaborará coa Fundación Luis Seoane co obxectivo de difundir o podcast mensual “Galicia é migrante” 24.01.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión telemática coa presidenta da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, e o director do programa “Galicia é migrante”, Alejandro Pan, co obxectivo de colaborar na difusión deste podcast mensual que busca homenaxear o espírito da emisión radiofónica que facía o... Máis información
- Emigración recorda aos galegos e galegas do exterior que preparen a súa documentación xa que se atopa próxima a apertura da campaña de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME 23.01.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración recupera as experiencias de antigos galegos e galegas do exterior que regresaron a Galicia grazas a unha Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que acaban de iniciar a súa tramitación de cara a unha próxima apertura da súa convocatoria. Prepara a túa documentación e anímate a solicitala se queres cursar un... Máis información
- A Xunta destina 3,8M€ ao programa Aprol de Economía Social para o impulso de cooperativas e sociedades laborais, no que se prioriza ás e aos emigrantes retornados 22.01.2022 audio A Consellería de Emprego e Igualdade vén de publicar as bases da convocatoria que prevé beneficiar a 120 cooperativas e incorporar a 250 novos socios e socias. Este programa forma parte das medidas transversais que integran a Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia. A Xunta continúa apoiando en Galicia o desenvolvemento da economía social... Máis información
- Máis dun centenar de emprendedoras e emprendedores retornados participaron na experiencia de mentorización do programa “Merlo” 21.01.2022 audio Esta iniciativa foi froito dun convenio entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Ronsel e permitiu ofrecer a estas e estes autónomos un servizo de acompañamento para potenciar a súa competitividade. Case o 50% das e dos participantes foron mulleres e case o 80% delas e deles tiñan entre 30 e 49 anos, retornadas e retornados na súa... Máis información
- Miranda participa no Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, Congacode, que aprobou o Plan anual 2022 da Cooperación Galega 20.01.2022 audio O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE presidiu a reunión, na que tamén estivo presente o secretario xeral da Emigración, e na que se fixo balance do plan de 2021 que foi executado ao 100%. No encontro aprobouse ademais a continuidade da Estratexia de resposta á covid-19 da Cooperación Galega e a prórroga do IV Plan Director para o 2022... Máis información
- O restaurante da Casa de Galicia de Nova York promociona o Xacobeo 21-22 20.01.2022 audio A Casa de Galicia de Nova York (EE.UU.) está a colaborar na promoción do Xacobeo 21-22 a través do material de traballo das e dos camareiros e cociñeiros do seu restaurante. Deste xeito, o equipo que conforma este centro de restauración galego conta xa con gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo co obxectivo de dar a coñecer e... Máis información
- O secretario xeral da emigración recibe ao cónsul honorario de España en Santa Clara (Cuba) para coñecer a situación da comunidade galega 19.01.2022 audio Antonio Rodríguez Miranda recordou que a Xunta de Galicia aportou en 2021 máis de 1,6M€ para apoiar aos galegos e galegas en situación de necesidade en Cuba, chegando a preto de 6.000 familias. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión co cónsul honorario de España en Santa Clara (Cuba),... Máis información
Páxinas |









