Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
04Maio2026A Xunta pon en valor as cantantes líricas que levaron o nome de Galicia polos grandes escenarios do mundo audio O secretario xeral da Emigración e o director da Casa de Galicia en Madrid participaron hoxe no acto de inauguración da exposición ‘Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX. De Galicia aos teatros de Europa, América e África’. Segundo Antonio Rodríguez Miranda e Luis E. Ramos, a mostra que acolle a Casa de Galicia en Madrid reivindica o papel destas mulleres como pioneiras culturais e embaixadoras da cultura galega no exterior. O... Máis información
-
04Maio2026250 persoas galegas maiores de 65 anos do exterior poderán reencontrarse coa súa terra grazas ao programa Reencontros con Galicia da Xunta audio O Consello do Goberno galego analizou hoxe a nova convocatoria desta iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, que se desenvolverá do 7 ao 17 de outubro de 2026. As persoas beneficiarias terán a oportunidade de gozar dunha estadía nas residencias de tempo libre da Xunta en Panxón-Nigrán e O Carballiño, participar nun completo programa de actividades e reforzar os seus lazos... Máis información
-
02Maio2026A Xunta salienta a Jira Campestre do Centro Galego de México como unha das expresións máis relevantes da galeguidade viva no exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nesta tradicional romaría, que reuniu a miles de galegos e descendentes nunha xornada marcada pola música, a tradición e a convivencia. Subliña o papel destas celebracións como ponte coa diáspora e destaca a importancia de seguir apoiando iniciativas que contribúen a proxectar Galicia no mundo e a fortalecer a rede de centros galegos que actúan como embaixadores da nosa... Máis información
-
01Maio2026Fabiola García enxalza “a gran familia” que constitúen os centros galegos na Arxentina audio A conselleira de Política Social e Igualdade visitou hoxe o Centro Galego de Avellaneda, en Bos Aires, onde é madriña dos premios ‘Barca de Sálvora’. Pon en valor o importante traballo que desenvolven as comunidades galegas na promoción e difusión da nosa cultura, así como a súa contribución ao mantemento dos vínculos con Galicia. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou hoxe o valor que teñen os centros da... Máis información
-
30Abril2026A Xunta estenderá o Carné +65 aos galegos do exterior para que poidan desfrutar das súas vantaxes nas viaxes que realicen a Galicia audio A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, realiza esta semana unha viaxe institucional por América Latina, cuxa segunda parada está en Montevideo. Fabiola García mantivo un encontro coa colectividade galega que reside en Uruguai, onde presentou as medidas da Xunta destinadas a garantir o benestar das persoas maiores e das familias. Visitou a exposición ‘Galicia Bella’, instalada na sede da Intendencia de Montevideo e composta... Máis información
-
30Abril2026Fabiola García reúnese coa comunidade galega no Uruguai e agradece o seu esforzo por manter vivos os vínculos con Galicia audio A conselleira de Política Social e Igualdade reuniuse co presidente da Fundación Astur e figura de consenso, Enrique Iglesias. Durante a audiencia presentou as Estratexias contra a Soidade non Desexada e o Idadismo elaboradas pola Xunta para combater estas situacións e mellorar o benestar social. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, aproveitou o último día da viaxe no Uruguai para reunirse cos maiores galegos do centro... Máis información
-
30Abril2026Un grupo de 26 persoas de Arxentina regresa ás raíces galegas cunha emotiva visita a Santiago de Compostela audio Un grupo de 26 persoas chegadas desde Arxentina, na súa maioría de San Pedro (Bos Aires), visita Santiago de Compostela. Moitos deles teñen raíces galegas e veñen con toda a ilusión de coñecer a terra das súas familias. Entre eles, tamén hai quen naceu en Galicia e regresa por primeira vez desde que marchou sendo neno. Unha viaxe moi especial na que non queren perder a oportunidade de vivir en primeira persoa a nosa música e a nosa danza... Máis información
-
30Abril2026A Xunta pon en marcha o programa ‘Aventúrate con Galicia’ para que 30 rapaces e rapazas do exterior descubran a terra das súas raíces audio O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a primeira convocatoria desta iniciativa destinada a nenos e mozos de entre 10 e 17 anos descendentes de emigrantes galegos para participar en campamentos de verán e reforzar o vínculo coa súa terra de orixe. As actividades desenvolveranse en instalacións xuvenís como Gandarío, Boiro ou Ribadeo, con propostas de multiaventura, náutica e contacto coa natureza ao tempo que se promove a convivencia e o... Máis información
-
29Abril2026Vives no estranxeiro e soñas con formarte en hostalería en Galicia? audio A Xunta puxo en marcha unha convocatoria de bolsas dirixida a persoas galegas residentes no exterior ou descendentes que queiran estudar no Centro Superior de Hostelería de Galicia. Poderás elixir entre dous dos seus programas máis salientables: Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras Curso Superior de Chef de Cociña e Pastelería As bolsas cobren o 80% do custo da matrícula e, ademais, inclúen unha axuda de ata 1.500 € para facilitar a viaxe... Máis información
-
29Abril2026A Xunta lanza unha nova edición do Retorna Cualifica Emprego coa que promoverá o retorno con traballo de 200 persoas galegas do exterior audio O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2026 do Retorna Cualifica Emprego, enmarcado na Estratexia Galicia Retorna e que favorece o regreso de galegos e galegas da diáspora e a cobertura de vacantes por parte de empresas. Este programa xa permitiu que 400 galegos e galegas cunha idade media de 35 anos voltaran desde 21 países diferentes, acompañados moitos deles por familiares —en total, outras 160 persoas—, e que traballan en... Máis información
Páxinas |









