Miranda: “Cada paso destes mozos é un paso máis cara ao corazón de Galicia”

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, iniciou a xornada cos participantes hospedados na Residencia Florentino López Cuevillas, compartindo os primeiros pasos da Vía da Prata.

Máis tarde, trasladouse a Chapela para unirse ao grupo aloxado en Vigo no comezo do Camiño Portugués, nesta ocasión acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz.

O programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, está a permitir que mozos e mozas de entre 18 e 21 anos, procedentes de seis países, poidan percorrer a ruta xacobea ata o 30 de xullo.

Con esta edición, Conecta con Galicia no Camiño alcanza as 36 edicións e supera xa os 3.600 participantes desde a súa creación.

  • Miranda: “Cada paso destes mozos é un paso máis cara ao corazón de Galicia”.
    Miranda: “Cada paso destes mozos é un paso máis cara ao corazón de Galicia”.

Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 22 de xullo de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañou esta mañá aos mozos galegos do exterior participantes no programa Conecta con Galicia no Camiño durante a primeira etapa do percorrido que están a realizar por distintas rutas xacobeas.

En Ourense, Miranda estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e compartiu coa mocidade aloxada na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas os primeiros pasos da Vía da Prata. Os 41 participantes selaron a súa compostela na Oficina de Turismo da Xunta, dando así inicio simbólico a esta experiencia que lles permite reencontrarse coas súas raíces galegas a través do Camiño de Santiago.

Posteriormente, o secretario xeral trasladouse a Chapela para realizar tamén o primeiro tramo do Camiño Portugués con outro grupo de participantes, neste caso aloxados na Residencia Xuvenil Altamar de Vigo. Nesta ocasión, estivo acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz.

O programa Conecta con Galicia no Camiño, organizado pola Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, reúne este ano a preto de 100 mozos de entre 18 e 21 anos e de ata seis países distintos de América. O obxectivo da iniciativa é fortalecer os vínculos coa terra de orixe a través dunha experiencia vital, cultural e identitaria como é o Camiño de Santiago.

Durante os vindeiros días, os participantes realizarán un tramo de máis de 100 km a pé, complementando a súa estadía con actividades culturais e de coñecemento da realidade socioeconómica e educativa da Galicia actual.

Con esta edición, a iniciativa acada xa as 36 edicións e suma máis de 3.600 participantes desde a súa posta en marcha, consolidándose como un dos programas de referencia da Xunta para achegar as novas xeracións da diáspora ás súas raíces, así como para fortalecer os lazos que unen a Galicia coa súa colectividade no exterior.
 
14 lecturas