Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
30Decembro2025A Xunta leva a Mar del Plata a mensaxe do Camiño de Santiago como símbolo de identidade europea e de unión cultural audio O delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, xunto coa vicecónsul de España en General Pueyrredón, Claudia Álvarez Argüelles, participou este luns na inauguración da exposición "Camino de Santiago", primeiro itinerario cultural europeo, que se pode visitar na galería de exposiciones do Hotel Costa Galana de Mar del Plata. A mostra, ofrece un percorrido visual polos territorios europeos que forman parte da Federación... Máis información
-
29Decembro2025Miranda: “O Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, que en 2026 celebrará o seu 125 aniversario, é unha referencia da galeguidade en Euskadi” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo co presidente do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, Urbano Alba, na que destacou o papel desta entidade como un dos principais espazos de cohesión social e preservación da identidade galega no País Vasco. Durante o encontro, Miranda puxo en valor a longa traxectoria do Centro Galego de Bizkaia, que no ano 2026 conmemorará o seu 125 aniversario,... Máis información
-
28Decembro2025Titulo especial (28D - DÍA DOS SANTOS INOCENTES): Non tes que ter un vínculo xeográfico con Galicia para ser galego? audio Sabes que xa non tes que ter un vínculo xeográfico con Galicia para ser galego? O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, dá todas as chaves sobre este novo título da Xunta, que dá acceso a numerosas vantaxes. Solicita o teu! Envíanos a túa pregunta para o secretario xeral a sxecontigo@xunta.gal Máis información
-
26Decembro2025A Xunta declara Ben de Interese Cultural a música e o baile tradicionais galegos, un patrimonio vivo tamén no exterior audio Un recoñecemento que tamén pon en valor o papel das colectividades galegas no exterior na preservación da música e do baile tradicional, así como o apoio da Secretaría Xeral da Emigración á preservación da cultura tradicional na diáspora. A declaración como BIC non só mira ao pasado, senón que abre unha oportunidade de futuro para recoñecer o talento galego no exterior e seguir construíndo unha identidade compartida que non entende de distancias... Máis información
-
25Decembro2025Felicitación do Nadal do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez, desexa a través dun vídeo as mellores festas de Nadal e Aninovo a todas e todos os galegos e galegas do exterior. Unha mensaxe de afecto, recoñecemento e esperanza nestas datas tan sinaladas. Un momento para estar coa familia, lembrar o camiño percorrido con orgullo e mirar cara ao futuro reforzando os lazos que nos unen como pobo. Porque a galeguidade non entende de... Máis información
-
24Decembro2025O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, felicita o Nadal ás galegas e galegos do exterior audio O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, felicita o Nadal a todas as galegas e galegos do mundo e deséxalles unhas festas cheas de paz, felicidade e un 2026 con saúde e boas novas. Nestes días tan especiais, moitos regresades a Galicia para reencontrarvos coa vosa terra e coa familia; outros vivides estas datas nos vosos países de acollida, espallados polos cinco continentes. Sexa onde sexa, lembrade que Galicia é a vosa casa e que... Máis información
-
23Decembro2025Galicia e Uruguai reforzan a cooperación institucional e o apoio á colectividade galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo co cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, no que analizaron a situación actual da colectividade galega no Uruguai e as principais liñas de colaboración entre ambas administracións, especialmente no ámbito do retorno e do apoio ás entidades galegas no país. Durante a reunión, puxéronse en común iniciativas destinadas a seguir... Máis información
-
22Decembro2025Felicitación do Nadal da Secretaría Xeral da Emigración audio O persoal da Secretaría Xeral da Emigración, co secretario xeral á fronte, Antonio Rodríguez Miranda, desexa a través dun vídeo as mellores festas de Nadal e Aninovo a todas e todos os galegos e galegas. Que este 2026 veña cargado de boas noticias e moita saúde. Felices festas e un próspero Aninovo! Máis información
-
20Decembro2025Miranda destaca nos Premios Rebulir o papel dos Centros Galegos de Euskadi como exemplo de compromiso coa cultura galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta tarde no acto de entrega dos XIV Premios Rebulir da Cultura Galega, no que outorgou a Mención Honorífica Rogelio García Yáñez á emigración galega en Euskadi, que foi recollida por Mónica Calvo, presidenta da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi... Máis información
-
19Decembro2025Miranda e o director do Centro Dramático Galego avanzan novas vías para levar o teatro galego ao exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo co director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, no que analizaron novas liñas de colaboración para seguir achegando as artes escénicas producidas en Galicia aos galegos e galegas residentes no exterior. Esta reunión enmárcase nunha relación de cooperación estable entre ambas institucións, que nos últimos anos permitiu impulsar distintas iniciativas... Máis información
Páxinas |









