A delegada da Xunta no Uruguai salienta o papel do Club Español de Montevideo como punto de encontro da colectividade española
A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou na celebración do 148º aniversario do Club Español de Montevideo, unha entidade histórica que desde hai case século e medio traballa para fortalecer os vínculos entre España e Uruguai e fomentar a convivencia da colectividade española. Durante o acto, no que tamén estiveron presentes representantes das principais institucións españolas no país, Domínguez destacou a traxectoria do Club Español como un referente de tradición, cultura e amizade, así como o seu papel na conservación do patrimonio común e na integración das novas xeracións.
A delegada puxo en valor o compromiso da directiva e dos socios por manter viva unha institución que continúa sendo un espazo de encontro para toda a colectividade española, e felicitou ao Club Español pola súa achega á promoción da cultura e á cooperación entre ambos países. Do mesmo xeito, reiterou o apoio da Xunta ás entidades do exterior que, co seu traballo diario, contribúen a preservar os lazos históricos e culturais de Galicia coa súa diáspora e a fortalecer a galeguidade e a identidade española no Uruguai.
Novas relacionadas





