Miranda anima á Casa de Galicia en Córdoba a seguir fortalecendo a presenza da cultura galega en Andalucía

Miranda anima á Casa de Galicia en Córdoba a seguir fortalecendo a presenza da cultura galega en Andalucía.
Miranda anima á Casa de Galicia en Córdoba a seguir fortalecendo a presenza da cultura galega en Andalucía.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro de traballo con Maribel García, representante da Casa de Galicia en Córdoba, no que abordaron a situación da colectividade galega en Andalucía e os principais proxectos que a entidade desenvolverá nos vindeiros meses. Durante a reunión, Miranda agradeceu o labor que realiza a entidade para manter viva a identidade galega e animou á súa directiva a continuar promovendo iniciativas que acheguen a cultura, a lingua e as tradicións de Galicia á sociedade andaluza.

O secretario xeral reiterou o compromiso da Xunta coas entidades galegas do exterior, destacando o seu papel como principais embaixadoras da galeguidade e como punto de encontro para as novas xeracións de galegos residentes fóra da comunidade.

343 lecturas