A Xunta agradece a implicación das preto de 50 persoas formadoras de entidades galegas do exterior que se beneficiaron do programa Escolas Abertas 2026

Na entrega de diplomas previa á gala de clausura desta noite en Lugo, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor esta iniciativa coa que se levan cualificando unhas 2.000 persoas.

Desde o pasado 8 de xullo, as mestras e mestres participantes este ano -dunha media de 35 anos- recibiron formación especializada sobre baile tradicional galego, canto popular, pandeireta, gaita e percusión e habilidades directivas neste eido.

A Xunta apoia con programas como Escolas Abertas o reforzo dos lazos entre a comunidade galega e a súa diáspora, ao tempo que promove o regreso dos emigrantes a través da Estratexia Galicia Retorna.

  • A Xunta agradece a implicación das preto de 50 persoas formadoras de entidades galegas do exterior que se beneficiaron do programa Escolas Abertas 2026.
    A Xunta agradece a implicación das preto de 50 persoas formadoras de entidades galegas do exterior que se beneficiaron do programa Escolas Abertas 2026.

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, agradeceu hoxe a implicación das preto de 50 persoas participantes na edición deste ano do programa Escolas Abertas, dirixido a divulgar a cultura e tradicións galegas entre a diáspora, a través das mestras e mestres que exercen nas entidades galegas do exterior. No acto final de entrega de diplomas, puxo de relevo os contidos impartidos -desde o pasado 8 de xullo- sobre baile tradicional galego, canto popular, pandeireta, gaita e percusión e habilidades directivas neste eido.

Á espera de que a edición 2026 de Escolas Abertas se peche esta noite, cunha gala que terá lugar ás 20:30 horas na praza de Santa María de Lugo e que contará cunha actuación sorpresa, o secretario xeral aproveitou para destacar o efecto multiplicador da iniciativa xa que, tras ter conseguido formar ata o momento unhas 2.000 persoas, volve materializarse como unha ponte entre Galicia e a súa diáspora, o que permite seguir preservando e difundindo a cultura e tradicións da comunidade de xeito global. 

Neste contexto, salientou o compromiso e a dedicación das persoas participantes que, coa formación especializada e cualificada que recibiron estes días, chegarán a milleiros de alumnas e alumnos dos seus países de residencia. Cunha media de idade de 35 anos, proceden -entre outros países- da Arxentina, O Uruguai, Venezuela, O Brasil e doutros puntos de España.

Compromiso coa comunidade do exterior.

Rodríguez Miranda salientou o compromiso da Xunta coa galeguidade no exterior, non só a través de programas de divulgación da cultura e tradicións galegas como Escolas Abertas, senón tamén apoiando aquelas persoas que desexan volver para establecerse e traballar na Comunidade. Nese senso, puxo en valor a Estratexia Galicia Retorna, no marco da que se impulsan programas orientados á atracción de talento como o Retorna Cualifica Emprego, que ofrece en orixe traballos de calidade cos que volver a Galicia; ou as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), para fomentar o regreso de mozos e mozas con alta cualificación.
 
88 lecturas