A delegada da Xunta no Uruguai salienta o labor do Hogar Español de Anciáns de Montevideo como referente de atención e coidado á colectividade

A delegada da Xunta no Uruguai salienta o labor do Hogar Español de Anciáns de Montevideo como referente de atención e coidado á colectividade.
A delegada da Xunta no Uruguai salienta o labor do Hogar Español de Anciáns de Montevideo como referente de atención e coidado á colectividade.
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 11 de xullo de 2026.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou na celebración do San Xoán organizada polo Hogar Español de Anciáns de Montevideo, unha xornada de convivencia que reuniu residentes, familiares, directivos e representantes da colectividade española. Durante o encontro, Domínguez puxo en valor o importante labor que desenvolve esta institución, referente da atención ás persoas maiores da colectividade española no Uruguai, e destacou o compromiso dos seus profesionais e voluntarios por ofrecer un espazo de benestar, acompañamento e calidade de vida aos seus residentes.

A delegada subliñou que celebracións tradicionais como a de San Xoán contribúen a manter vivas as raíces culturais e favorecen a convivencia entre xeracións, reforzando o sentimento de pertenza á colectividade. Do mesmo xeito, reiterou o compromiso da Xunta de Galicia co apoio ás entidades que traballan a prol dos galegos e españois no exterior, agradecendo ao Hogar Español o seu papel como institución de referencia e exemplo de dedicación ás persoas maiores da emigración.

201 lecturas