Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
13Xaneiro2026A Xunta reforza o vínculo cos galegos do exterior con preto de 350 beneficiarios nos programas Conecta e Reencontros en 2025 audio A Xunta investiu preto de 740.000 euros nestas iniciativas sociais, culturais e interxeracionais. A Xunta de Galicia fixo balance positivo dos programas Reencontros con Galicia e Conecta, que ao longo de 2025 permitiron que máis de 300 galegos e descendentes do exterior reforzasen o seu vínculo coa terra a través de estadías, actividades culturais, itinerarios formativos e experiencias de voluntariado. No seu conxunto, estas iniciativas... Máis información
-
10Xaneiro2026As accións de divulgación do curso de galego de Galicia Aberta para achegar a nosa lingua aos galegos do exterior teñen este ano máis de 1,3 millóns de visualizacións audio A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia continúa promovendo con éxito o uso do galego entre as comunidades galegas no exterior a través do seu curso en liña de lingua e cultura galegas, que este ano acadou novamente unha alta participación e interese entre a diáspora galega en todo o mundo. O curso, que se desenvolveu a través da plataforma Aula GaliciaAberta, contou coa participación de destacadas personalidades da cultura galega... Máis información
-
09Xaneiro2026Miranda: “Queremos acompañar de preto a recuperación da actividade do Centro Galego do Perú” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo con Evelyn Castillo, vicepresidenta do Centro Galego do Perú, na que analizaron a situación actual da entidade e os pasos que se están a dar para a súa reactivación como espazo de referencia da colectividade galega no país andino. Durante o encontro, Miranda animou á directiva a continuar con este proceso de recuperación da actividade social e... Máis información
-
08Xaneiro2026O secretario xeral da Emigración mantén un encontro de traballo coa á delegada da Xunta en Uruguai para coordinar e planificar o ano que comenza: “A coordinación coas delegacións é clave para dar unha resposta eficaz á colectividade galega no exterior” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha reunión de traballo coa delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, co obxectivo de planificar as liñas de actuación para este novo ano e coordinar a acción institucional no país. No encontro analizáronse as prioridades comúns e a axenda de actividades previstas para seguir reforzando a atención á colectividade galega... Máis información
-
06Xaneiro2026Diálogo, acompañamento e compromiso: Galicia no mundo durante 2025 audio Ao longo deste ano, o secretario xeral da Emigración estivo presente en numerosos países para manter un contacto directo coa colectividade galega no exterior: Arxentina, Brasil, Chile, Uruguai, Venezuela, Cuba, Panamá, México, Estados Unidos, Suíza, Francia, Portugal e España. Un percorrido marcado polo diálogo, o acompañamento e o compromiso coa nosa diáspora, reforzando os lazos que manteñen viva a galeguidade en calquera lugar do mundo. O... Máis información
-
05Xaneiro2026Antonio Rodríguez Miranda analiza a situación que vive a colectividade galega en Venezuela no programa "Bos Días" da TVG audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no programa Bos Días, da Televisión de Galicia, onde analizou a situación que vive a colectividade galega en Venezuela. Durante a entrevista, Miranda abordou a situación das familias galegas residentes en Venezuela e o seguimento permanente que realiza a Xunta de Galicia para garantir información, apoio e acompañamento ás persoas galegas no exterior. Galicia mantense... Máis información
-
03Xaneiro2026A Xunta acerca a cultura galega a preto de 1.500 alumnos a través da formación nas Comunidades Galegas do exterior audio Este ano impartíronse medio centenar de obradoiros culturais desenvolvidos en 40 entidades do exterior de máis de 10 países do mundo con formadores desprazados desde Galicia. Déuselle formación de alta especialización a medio cento de formadores de ata 10 países do exterior no programa de Escolas Abertas en Galicia. A Xunta de Galicia fixo balance positivo dos programas Obradoiros e Escolas Abertas, dúas iniciativas complementarias da... Máis información
-
02Xaneiro2026Un ano de encontros e aprendizaxes: Vídeo - Resumo dos Programas da SXE, no ano 2025 audio O 2025 foi un ano de encontros e aprendizaxes. Un tempo no que Galicia estivo máis preto de quen vive fóra, grazas a programas que conectan xeracións, talentos e historias de vida. Escolas Abertas, Aula Galicia Aberta, Saborea Galicia Calidade, Conecta co Voluntariado, Retorno Emprendedor, o XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas, Conecta con Galicia no Camiño, as BEME ou os Reencontros con Galicia forman parte dun mesmo camiño: manter... Máis información
-
01Xaneiro2026A colaboración entre a Xunta e as dioceses permitiu que no 2025 10.000 persoas galegas do exterior conseguisen documentación sobre a súa orixe familiar audio Ante o incremento sostido das solicitudes, o Goberno galego reforza esta colaboración co obxectivo de garantir unha atención rigorosa e áxil ás persoas residentes no exterior. A Xunta de Galicia mantén unha colaboración estable coas dioceses galegas para facilitar ás persoas emigrantes galegas e á súa descendencia a consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia. Este traballo conxunto abrangue a Arquidiocese de Santiago... Máis información
-
31Decembro2025Discurso de Fin de Ano 2025 de Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia audio Alfonso Rueda - Balance do Ano 2025 (1): https://youtu.be/6l6uAPRTruY Alfonso Rueda - Balance do Ano 2025 (2): https://youtu.be/MDHhFOEfd1g Alfonso Rueda - Balance do Ano 2025 (3): https://youtu.be/Hg6v_F05ow4 Discurso de Fin de Ano 2025 de Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia Hoxe despedimos un 2025 intenso, que convida a facer balance con serenidade. Foi tamén o Ano Castelao, unha oportunidade para mirar Galicia con perspectiva e... Máis información
Páxinas |









