Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
18Xuño2026O programa de mentoría Merlo supera as 500 persoas participantes e reforza o apoio ao retorno e á integración en Galicia audio Máis de 500 persoas xa participaron no programa de mentoría Merlo desde a súa posta en marcha en 2021. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe nun encontro de networking desta iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Ronsel, dirixida a beneficiarios das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) e a galegos retornados. No encontro tamén participaron Alejandro López Dobarro,... Máis información
-
15Xuño2026A Xunta contará cunha nova sede da delegación en Bos Aires para reforzar os lazos coa colectividade e proxectar as oportunidades da Galicia actual audio O Consello da Xunta analizou hoxe un informe sobre a adquisición do inmoble, unha actuación estratéxica que permitirá reforzar a atención á colectividade galega e intensificar a promoción económica, cultural e turística de Galicia. O novo espazo, situado nunha das principais arterias da capital arxentina, conta con 730 m² distribuídos en tres alturas e foi adquirido por un importe equivalente aos 1,2 M€; está previsto que as obras de... Máis información
-
14Xuño2026A Xunta salienta os lazos históricos entre Vilanova de Arousa e a cidade alemá de Cuxhaven como exemplo do legado da emigración galega en Europa audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou na inauguración da I Xuntanza veciñal ‘Unindo xeracións’. O encontro celebrou o 25 aniversario da irmandade entre ambas localidades, consolidada a partir do importante fluxo migratorio desde o municipio pontevedrés cara ao norte de Alemaña nas décadas dos 60 e 70. José González, salientou o papel desempeñado por miles de galegos e galegas na industria pesqueira de Cuxhaven, contribuíndo... Máis información
-
14Xuño2026A Xunta agradece en Burgos o labor das directivas dos Centros Galegos para manter viva a cultura, as tradicións e os vínculos con Galicia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Centro Galego en Burgos, onde mantivo un encontro co novo presidente da entidade, Daniel Rodríguez Domínguez, e co anterior responsable da institución, Ángel Ferreiro, co obxectivo de coñecer os proxectos e iniciativas que está a desenvolver a colectividade galega nesta cidade castelá. Durante a visita, Miranda puxo en valor o traballo realizado polo Centro Galego en Burgos... Máis información
-
13Xuño2026Miranda reivindica no Centenario da Casa de Galicia en Bilbao “Cen anos de galeguidade viva en Euskadi” audio O secretario xeral da Emigración participou no acto central do Centenario da entidade, referente da galeguidade en Euskadi desde 1926. A Casa de Galicia en Bilbao celebra cen anos de historia cun amplo programa cultural e institucional. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no acto central do Centenario da Casa de Galicia en Bilbao, unha entidade histórica fundada no ano 1926 e convertida desde entón nun... Máis información
-
09Xuño2026A Xunta potencia nas feiras de emprego do Brasil o modelo galego de atracción de talento co foco no retorno con traballo das persoas galegas audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, xunto co secretario xeral da Emigración, visitou en Salvador de Bahía a feira de emprego impulsada polo Goberno galego. José González subliña que nestas citas se pon en contacto aos galegos e galegas en idade laboral e residentes no Brasil con empresas galegas que ofertan postos de traballo en sectores clave como o metalmecánico, o naval, enerxías renovables ou TIC. Destaca que esta acción está... Máis información
-
08Xuño2026A Xunta manifesta o seu compromiso co labor das entidades da colectividade galega en Salvador de Bahía a prol da difusión da cultura de Galicia no Brasil audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración mantén encontros con representantes da emigración galega en Salvador de Bahía coincidindo coa feira de emprego impulsada polo Goberno galego nesta cidade e en São Paulo. González reuniuse con membros do Galicia Esporte Clube e do Centro Recreativo União do Rio Tea e tamén o fará coa directiva do Club Español, destacando o apoio da Asociación Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago na organización... Máis información
-
07Xuño2026A Xunta reforza a conexión da cidadanía galega no Brasil coas oportunidades laborais do tecido empresarial autonómico en sectores estratéxicos audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, xunto co secretario xeral da Emigración, visitou en São Paulo a feira de emprego impulsada polo Goberno galego. José González salienta que esta nova edición da feira de emprego, que terá continuidade mañá en Salvador de Bahía, consolida esta iniciativa pioneira e contribúe á atracción de talento retornado e a afrontar retos como a cobertura de vacantes. Lembra que esta acción está vinculada ao... Máis información
-
06Xuño2026A Xunta destaca no Brasil o labor de apoio ás persoas maiores galegas que desempeñan as entidades da colectividade galega en São Paulo e Santos audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración reúnese con distintas entidades da colectividade galega en São Paulo e Santos coincidindo coa nova edición das feiras de emprego impulsadas polo Goberno galego en São Paulo e Salvador de Bahía. As xuntanzas foron con membros da Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo, do Centro Español y Repatriación de Santos e da Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos... Máis información
-
05Xuño2026A Xunta analiza novas vías de colaboración co Consulado xeral de España en São Paulo para impulsar a atención dos galegos no Brasil e dos retornados audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, xunto co secretario xeral da Emigración, mantivo hoxe un encontro co cónsul xeral de España en São Paulo. José González inicia a súa primeira viaxe ao Brasil enmarcada na nova edición das feiras de emprego no exterior, que este ano o Goberno galego impulsa o 6 de xuño en São Paulo e o 8 de xuño en Salvador de Bahía. Dentro da aposta autonómica pola colaboración institucional para ofrecer unha... Máis información
Páxinas |









