Miranda: “Cada participante de Escolas Abertas convértese nun embaixador da cultura galega no mundo”

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibe aos participantes no programa Escolas Abertas, que comeza mañá mércores no Centro Superior de Hostalería de Galicia.

En total, participarán 50 profesores de entidades galegas do exterior, 41 de América e outras 9 de Europa e resto de España, cunha media de idade de 35 anos.

  • Miranda: “Cada participante de Escolas Abertas convértese nun embaixador da cultura galega no mundo”.
    Miranda: “Cada participante de Escolas Abertas convértese nun embaixador da cultura galega no mundo”.

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá no aeroporto de Santiago de Compostela - Rosalía de Castro aos participantes do programa Escolas Abertas.

En total, participarán preto de 50 profesores de entidades galegas do exterior, 41 de América e outras 9 de Europa e resto de España, cunha media de idade de 35 anos.

Este programa, que leva desenvolvéndose varias décadas, está dirixido ás entidades galegas do exterior e permite dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, de confección de traxes tradicionais galegos ou baile.

Escolas Abertas permite, deste xeito, espallar a cultura, as tradicións e a idiosincrasia galega por todo o mundo, a través da convivencia e da estadía de profesores que imparten clases en diferentes entidades galegas do mundo, que transmitirán a súa experiencia propia a moitos outros nos seus lugares de orixe ou residencia habitual, mediante o efecto multiplicador dos cursos formativos.

Os alumnos deste programa son así, á súa vez, formadores nos lugares dos que proceden, polo que os seus coñecementos, e tamén a súa experiencia de contacto directo coa realidade actual do país, chega deste xeito aos cidadáns da Galicia do exterior. Coa instrución e mellora de habilidades dos docentes participantes na iniciativa, acrecéntase o interese e a formación de milleiros de galegas e galegos residentes, e mesmo nados fóra da Galicia territorial.

Trátanse de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no exterior, tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinamizar as comunidades galegas de Europa e América. Durante unha semana, os participantes recibirán tamén a visita de recoñecidos músicos galegos de prestixio.

Estas xornadas celebraranse do 8 ao 20 de xullo no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, en Santiago de Compostela.

255 lecturas