Galicia homenaxea en Vigo ás vítimas do terremoto de Venezuela
Vigo, 5 de xullo de 2026.
Galicia acompañou hoxe á comunidade venezolana nun emotivo acto de lembranza e homenaxe ás vítimas do recente terremoto en Venezuela.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á misa celebrada en Vigo, na Igrexa Parroquial da Inmaculada Concepción, xunto á vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e á deputada Irene Garrido.
Neste momento de profunda dor, a nosa solidariedade está con todas as persoas afectadas, coas familias das vítimas e con quen continúa afrontando as consecuencias desta traxedia.
Novas relacionadas






