Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
19Marzo2026Descende a cifra de emigrantes galegos no exterior mentres se incrementa o número de descendentes nacidos xa no seu país de destino audio Segundo os datos publicados hoxe polo INE, o número de persoas que naceron en Galicia e que residen fóra volve baixar un ano máis, rexistrando 2.006 persoas menos. En paralelo, increméntase en máis de 15.000 as persoas descendentes xa nacidas no estranxeiro, acadando actualmente unha comunidade galega no exterior de máis de 563.000 cidadáns. O número de emigrantes galegos —persoas que naceron en Galicia e residen no exterior— volve baixar un... Máis información
-
18Marzo2026A Xunta salienta a capacidade das BEME para atraer talento cualificado do exterior cunha nova edición aberta coa que se acadarán os 2.000 beneficiarios audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración mantivo un encontro coa mocidade galega do exterior que realiza este curso os seus mestrados na Universidade da Coruña. José González lembrou que ata o 30 de abril está vixente o prazo de solicitude da convocatoria 2026-2027, coa que se chegará á cifra histórica de máis de 15 M€ mobilizados nesta iniciativa integrada na Estratexia Galicia Retorna. Constatou a eficacia destas axudas para seguir... Máis información
-
17Marzo2026A Xunta reitera ao Goberno a necesidade de axilizar a homologación de títulos para reforzar a inserción laboral cualificada do alumnado das Bolsas BEME audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración mantivo un encontro coa mocidade galega do exterior que realiza este curso os seus mestrados na Universidade de Vigo. José González insistiu, na liña da recente reunión co secretario xeral de Universidades, na necesidade dunha vía áxil, coordinada entre Xunta, universidades e Ministerio, que reduza burocracia e lles permita acceder a postos acordes á súa formación. Reafirmou que isto permitiría... Máis información
-
16Marzo2026Miranda: “A colectividade galega en Uruguai é un exemplo de compromiso coa nosa cultura e coas nosas tradicións” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez e o cónsul xeral de España en Uruguai, Juan Carlos Gafo, participou na tradicional romaría organizada polo Centro Galego de Montevideo, unha celebración que reuniu a milleiros de persoas da colectividade galega e que volveu converterse nun dos grandes encontros anuais da galeguidade no país. Durante a xornada, Miranda puxo... Máis información
-
15Marzo2026Miranda: “As mulleres da emigración foron clave para manter viva a identidade galega nas comunidades do exterior” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no Centro Galego de Avellaneda no acto conmemorativo do Día da Muller, no que se fixo entrega das distincións “A Barca de Sálvora á Muller Galega”, un recoñecemento que destaca o compromiso e a traxectoria de mulleres da colectividade que contribuíron a manter viva a cultura e as tradicións galegas na Arxentina. No evento tamén estivo presente o delegado da Xunta de Galicia... Máis información
-
14Marzo2026Rueda enxalza o labor das comunidades galegas no exterior como as mellores embaixadoras do selo Galicia Calidade na diáspora audio O presidente da Xunta participa no encontro coa colectividade de Zúrich-Galicia Calidade. Felicita á asociación As Xeitosiñas polo seu 45 aniversario, destacando o compromiso da colectividade por manter viva a identidade galega a miles de quilómetros. Lembra que o Goberno galego mantén os brazos abertos para quen desexe volver a través da Estratexia Galicia Retorna, con medidas destacadas como bolsas BEME. O Goberno galego abrirá proximamente o... Máis información
-
14Marzo2026Miranda: “Os centros galegos son a mellor mostra de que a identidade de Galicia segue viva en cada recuncho do mundo” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Centro Galego de Rosario, onde mantivo un encontro coa directiva da entidade e con membros da colectividade galega asentada nesta cidade arxentina. Durante a visita estivo acompañado polo delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro, nunha xornada que permitiu coñecer de primeira man a actividade cultural e social que desenvolve esta institución... Máis información
-
14Marzo2026Miranda: “A música galega é unha linguaxe universal que conecta ás novas xeracións coa historia da nosa emigración” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu en Rosario ao concerto do grupo galego Luar na Lubre, celebrado no marco da xira internacional coa que a banda conmemora o seu 40 aniversario e que está levando a música galega a distintos países de América. No evento tamén participou o delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro, xunto a numerosos membros da colectividade galega da cidade. Durante a... Máis información
-
13Marzo2026Miranda: "A cultura e a música galega seguen a ser un dos lazos máis fortes que unen a Galicia coa súa diáspora” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu en Bos Aires ao concerto do grupo galego Luar na Lubre, celebrado no marco da xira internacional coa que a banda conmemora o seu 40 aniversario. No evento tamén participou o delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro, nunha cita que reuniu a numerosos membros da colectividade galega e española na capital arxentina. Durante o concerto, Miranda destacou... Máis información
-
13Marzo2026A Xunta destaca a exposición ‘Emigrantas. Emerxer do silencio’ como homenaxe ás mulleres da diáspora audio A Xunta destaca a exposición ‘Emigrantas. Emerxer do silencio’ como homenaxe ás mulleres da diáspora. A través de distintos materiais, a exposición recupera e visibiliza as historias da emigración das mulleres galegas, percorrendo as súas diferentes formas de partir, vivir, traballar, resistir e regresar e poñendo o foco nas experiencias cotiás e colectivas. A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou... Máis información
Páxinas |









