Un clásico da literatura infantil galega traducido ao castelán.
Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, reflicte o mundo rural galego e a emigración dende o punto de vista dun neno.
A editorial Kalandraka publicou recentemente o clásico da literatura infantil galega Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, traducida ao castelán e baixo o título Memorias de un niño campesino. A publicación chega case 50 anos despois de que a obra fose escrita. O libro é o primeiro dunha triloxía que reflicte o mundo rural galego e a emigración dende o punto de vista infantil, xunto a Cartas a Lelo e Aqueles anos de Moncho.
«Yo soy Balbino. Un niño de aldea. Como quien dice, un nadie» arranca o libro na tradución. Ao longo das 128 páxinas desta versión do clásico, Balbino revive os dezaseis relatos que conforman o texto e contan as súas experiencias vitais, recordos e reflexións.
Memorias de un niño campesino tratase dunha obra de interese vista dende a perspectiva doutra lingua e con indubidable atractivo pola súa temática cargada de dor e esperanza, aderezadas coa beleza das ilustracións a cargo do coruñés Xosé Cobas.
Novas relacionadas