Novas
Buscador
- Día do Patrimonio 2012 no Patronato da Cultura Galega de Montevideo 24.10.2012 audio O Día do Patrimonio celébrase no mes de outubro, co obxecto de difundir os valores da cultura nacional uruguaia, xa sexa material ou inmaterial. Está organizado polo Ministerio de Educación e Cultura do Uruguai. Os días 6 e 7 de outubro o Patronato da Cultura Galega abriu as súas portas coa finalidade de ser parte dos festexos programados polo «... Máis información
- O presidente do Casino de Madrid, Mariano Turiel de Castro, ofrece na Casa de Galicia o recital "Dicir o verso", cunha coidada selección, deténdose especialmente na obra de Rosalía 23.10.2012 audio O insigne vigués fixo un percorrido, a grandes pasos, pola poesía española, nun acto ao que asistiron máis dun cento de persoas. "Os poetas son os homes que conservaron os seus ollos de neno", dixo o director da Casa, José Ramón Ónega, citando a Daudet, no recital poético Dicir o verso que ofreceu o presidente do Casino de Madrid, Mariano Turiel... Máis información
- O Goberno de España concede a Medalla de Ouro da Emigración á Casa de Galicia de Montevideo 22.10.2012 audio Conmemorouse tamén o 95º aniversario desta senelleira institución. A Casa de Galicia de Montevideo foi condecorada coa Medalla de Ouro da Emigración do Goberno español polo seu apoio aos valores da solidariedade e compromiso social, ao conmemorarse o 95 aniversario da súa creación. A condecoración, outorgada pola ministra española de Emplego y... Máis información
- Marina del Corral afirma que as políticas activas de emprego son un instrumento fundamental para a integración do colectivo inmigrante 21.10.2012 audio Nas Xornadas Migración e Emprego, organizadas por Cruz Vermella. Para mellorar a empregabilidade da poboación inmigrante expuxo os tres piares das políticas do Ministerio de Empleo y Seguridad Social: políticas activas de emprego, as relacionadas co seu status xurídico e as de fomento da integración sociolaboral. A secretaria xeral de Inmigración... Máis información
- Mar do Prata celebrou a III Xuntanza Nacional de Gaiteiros 20.10.2012 audio O encontro estivo dirixido polo prestixioso mestre Santiago Molina, experto en percusión tradicional galega. Arxentina celebrou o seu particular Congreso de Gaiteiros. A Escola de Gaitas do Centro Gallego de Mar del Plata, dirixida por José Manuel Montes, exerceu de anfitriona na III Xuntanza Nacional na que participaron gaiteiros e gaiteiras de... Máis información
- O Hogar Español para Ancianos de Montevideo asina un convenio con Casa de Galicia e "La Española" para acoller pacientes destes centros hospitalarios 19.10.2012 audio Un paso máis para lograr a autonomía económica da entidade. Ante o director xeral de Migracións, os presidentes de ambas as dúas mutuas asinaron un acordo co Hogar Español de Ancianos para contratar servizos de internación na modélica entidade que permitirá un aforro para as tres institucións. Este convenio establece os prezos que pagaran as... Máis información
- A Casa de Galicia en Madrid acolle dende hoxe a exposición "Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago" organizada polo Xacobeo 18.10.2012 audio Dende hoxe xoves ata o día 1 de novembro as e os habitantes de Madrid poderán descubrir con esta mostra didáctica a historia e os contidos do Calixtino, a época na que se fixo e unha síntese da historia do Camiño e dos seus valores culturais. A entrada á mostra é gratuíta. O proxecto expositivo da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, que xa puido... Máis información
- 18-19 na Illa de San Simón: II Seminario Internacional “Emigración e exilio nos EE.UU.: Experiencias de Galicia e Açores” 18.10.2012 audio Organizado polo Consello da Cultura Galega e a Fundaçao Luso-Americana para o Desenvolvimento, pretende achegar, de xeito comparado, a realidade de dúas sociedades atlánticas -a de Galicia e a das Azores- a partir da súa relación co novo mundo, que tanto os emigrantes galegos e galegas como as e os azorianos axudaron a construír. O II Seminario... Máis información
- Igualdade conmemora o Día europeo contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual 17.10.2012 audio Edita material de sensibilización, con 3.000 carteis para ser distribuidos nos campus universitarios, nos CIM e nos servizos sociais dos concellos; e 10.000 posavasos para os locais de hostalaría. Ao redor do 90% da prostitución consumida en Galicia está controlada por mafias e un 32,1% dos homes españois recoñecen consumir sexo de pago. España é... Máis información
- Nova York tivo a súa raíña galega 16.10.2012 audio A Casa de Galicia contou coa súa propia carroza na celebración do Día da Hispanidade na Gran Mazá. Un ano máis a Quinta Avenida de Nova York vestiuse con bandeiras españolas e latinoamericanas para celebrar o Día da Hispanidade. Os españois e as españolas residentes na Gran Mazá renderon homenaxe aos campións do mundo durante o pasarrúas, no que... Máis información
Páxinas |









