Mar do Prata celebrou a III Xuntanza Nacional de Gaiteiros

O encontro estivo dirixido polo prestixioso mestre Santiago Molina, experto en percusión tradicional galega.

  • III Xuntanza Nacional de Gaiteiros. Foto: Facebook A.B.C. Partido de Corcubión.
    III Xuntanza Nacional de Gaiteiros. Foto: Facebook A.B.C. Partido de Corcubión.

Listen to this page using ReadSpeaker
Mar del Plata, 16 de outubro de 2012.

Arxentina celebrou o seu particular Congreso de Gaiteiros. A Escola de Gaitas do Centro Gallego de Mar del Plata, dirixida por José Manuel Montes, exerceu de anfitriona na III Xuntanza Nacional na que participaron gaiteiros e gaiteiras de distintos centros da cidade de Bos Aires.

Varios centos de persoas acudiron ao salón de actos do Centro Gallego para gozar do encontro no que o son das gaitas foi o protagonista. O mestre Santiago Molina, estudoso da percusión tradicional galega, foi o encargado de dirixir o acto. Tamén participou o profesor Abraham Fernández López, posuidor dun extenso currículo vitae sobre música tradicional galega.

O acto clausurouse cunha entrega de diplomas e obsequios ás e aos asistentes por parte da directiva do centro e unha cea cunha queimada como broche final.

Fotos: Facebook A.B.C. Partido de Corcubión

983 lecturas