Marina del Corral afirma que as políticas activas de emprego son un instrumento fundamental para a integración do colectivo inmigrante

Nas Xornadas Migración e Emprego, organizadas por Cruz Vermella.

Para mellorar a empregabilidade da poboación inmigrante expuxo os tres piares das políticas do Ministerio de Empleo y Seguridad Social: políticas activas de emprego, as relacionadas co seu status xurídico e as de fomento da integración sociolaboral.

Foto: Ministerio de Empleo y Seguridad Social.
Foto: Ministerio de Empleo y Seguridad Social.
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 18 de outubro de 2012.

A secretaria xeral de Inmigración e Emigración afirmou este xoves na inauguración das Xornadas "Migración y Empleo", organizadas por Cruz Vermella, que as políticas activas de emprego "constitúen a política pública que con maior éxito pode lograr a integración laboral do colectivo inmigrante, posto que supón o seu tratamento como traballador, en igualdade de condicións cos traballadores españois,".

Marina del Corral expuxo as políticas do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, dirixidas "a mellorar a empregabilidade da poboación inmigrante así como a súa incorporación ao mercado de traballo" e insistiu na "necesidade de todos de redobrar os esforzos para que a crise económica non dificulte a súa integración nin distorsione a convivencia".

Para a secretaría xeral de Inmigración e Emigración outro dos piares fundamentais para integrar o colectivo inmigrante a través do emprego constitúeno "as políticas destinadas a potenciar un status xurídico que lle permita traballar" e "as políticas de fomento da integración sociolaboral " que se xestionan a través de entidades do Terceiro Sector, como é o caso de Cruz Vermella Española.

A taxa de paro da poboación estranxeira é do 35,76%, 13 puntos superior á das persoas de nacionalidade española. De aí que no deseño das políticas activas de emprego se preste especial atención cara aos colectivos con máis dificultades de inserción laboral, entre outros o colectivo de traballdores e traballadoras inmigrantes.

Neste sentido, Marina del Corral expuxo os diferentes eixes das políticas activas de emprego: "Os programas de apoio á contratación, con bonificacións; a contratación de alumnos participantes en escolas taller, casas de oficios ou talleres de emprego; a contratación no plan de fomento do emprego agrario e a contratación temporal de desempregados en colaboración coas corporacións locais ou en colaboración con diferentes organismos públicos".

Tamén aclarou que a información, orientación e busca de emprego e autoemprego, xunto á formación profesional e o asesoramento na homologación e validación de títulos académicos e o recoñecemento de cualificacións profesionais, completan o conxunto de actuacións destinadas a mellorar a empregabilidade da poboación inmigrante así como a súa integración social.

A secretaria xeral de Inmigración y Emigración fixo fincapé na necesidade de "establecer regras o máis flexible posibles para que a situación dos estranxeiros que se encontran regularmente en España se adapte de forma rápida ás oportunidades que ao longo da súa traxectoria laboral poidan ir presentándoos".

Dentro das políticas de fomento da integración sociolaboral, a secretaria xeral de Inmigración y Emigración, destacou a "colaboración inestimable" das entidades do Terceiro Sector como Cruz Vermella Española, cuxa colaboración cualificou de "especial significación".

 

Fonte e foto: Ministerio de Empleo y Seguridad Social

991 lecturas