Novas
Buscador
- Feijóo inicia o martes unha viaxe a Brasil co obxectivo de afondar nas posibilidades de colaboración entre Galicia e o país suramericano así como buscar novas oportunidades de negocio para o sector naval galego 04.11.2012 audio O presidente da Xunta de Galicia manterá distintos encontros con autoridades gobernamentais para intensificar as relacións comerciais e de investimentos. Estará acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, que viaxará xunto a unha representación de estaleiros galegos co fin de achegar as capacidades do noso sector naval ao... Máis información
- Máis de 160 axentes de viaxes e 35 operadores turísticos arxentinos coñeceron esta semana a oferta turística galega a través da promoción ‘Galicia, quinta provincia’ 02.11.2012 audio As cidades de Bos Aires e Córdoba concentraron os diversos actos promocionais da Xunta neste país que aporta a Galicia o 9% das e dos turistas estranxeiros, sendo o terceiro mercado emisor exterior máis importante para a nosa comunidade, logo de Portugal e Alemaña. Unha das actuacións incluíu unha conexión con 35 sucursais da operadora turística... Máis información
- Pisos para acoller inmigrantes 31.10.2012 audio O Concello da Coruña cede dúas vivendas a Accem, unha organización solidaria que dispón xa de cinco inmobles para persoas foráneas en risco de exclusión. A Asociación Católica Española de Migracións (Accem) dispón na cidade de dous novos pisos para acoller inmigrantes con problemas de exclusión, despois dun convenio asinado entre o alcalde e o... Máis información
- A Consellería de Cultura e Educación apoia o filme de animación "O Apóstolo" na súa preestrea galega no Salón Teatro 30.10.2012 audio O conselleiro en funcións, Xesús Vázquez Abad, asistirá esta noite á estrea do filme, que chegará mañá ás salas de cinema de toda España. O secretario xeral de Cultura participou hoxe na rolda de prensa de presentación da que é a primeira película europea de animación ‘stop motion’ en 3D estereoscópico. Cun orzamento total de 5,2 millóns de euros... Máis información
- "La inmigración gallega en la Argentina", especial do último número da prestixiosa revista Todo es Historia 30.10.2012 audio A publicación, de carácter mensual, conta xa con 45 anos de presenza nos kioskos e librarías do país austral. O último número da prestixiosa publicación Todo es Historia, que celebra na actualidade os seus primeiros 45 anos de vida, está dedicado especialmente a La inmigración gallega en la Argentina. A revista, de carácter mensual, na súa... Máis información
- A Xunta apoia a petición do Centro Gallego de Buenos Aires para que a Administración arxentina interveña o seu hospital 29.10.2012 audio Este novo paso facilita avanzar no camiño marcado desde o propio Centro para sanear as contas tralos anos de mala xestión (verán de 2006 a verán de 2009). A nova directiva do Centro e a Xunta desexan a viabilidade do hospital. A Xunta de Galicia apoia, como xa apoiou no seu momento, a petición do Centro Gallego de Buenos Aires para que a... Máis información
- A Xunta difundirá a oferta turística galega na Arxentina a través da promoción 'Galicia, quinta provincia' 28.10.2012 audio Cursos de formación, conferencias, xuntanzas de traballo, degustacións gastronómicas e actuacións musicais servirán de escaparate para promocionar Galicia nas cidades de Bos Aires e Córdoba ao longo da vindeira semana. Arxentina, co 9% das e dos turistas estranxeiros é o terceiro mercado emisor exterior máis importante para Galicia, logo de... Máis información
- O Centro Gallego de Mar del Plata acolleu un curso de gastronomía galega 27.10.2012 audio O seminario estivo organizado pola Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta organizou no Centro Gallego de Mar del Plata uns cursos sobre gastronomía impartidos polo profesor Francisco Romero Díaz, natural de Fene. Os socios e socias da entidade asistiron e gozaron durante 10 días das clases... Máis información
- Feijóo refírese ás e aos premiados "Gallegos del Año" como unha representación dos galegos e das galegas que nunca se renden, que din que non ao conformismo e que conciben Galicia como un país aberto e dinámico 26.10.2012 audio O presidente en funcións da Xunta asistiu, na noite de onte, ao acto de entrega dos premios Gallegos del Año, na súa XXIII edición, organizados polo Grupo El Correo Gallego. "Nos premiados desta noite está personificada a Galicia que queremos. Unha Galicia en pé, unida e solidaria que loita coas ferramentas da razón e do traballo. Unha... Máis información
- A Xunta de Galicia e Farmamundi activan unha intervención de emerxencia para a prevención da epidemia do dengue no Salvador 25.10.2012 audio Porase en marcha un operativo de fumigación e campañas educativas e de sensibilización medioambiental para a prevención da enfermidade. O pasado 4 de outubro, o goberno salvadoreño decretou o Estado de alerta nacional de carácter indefinido con motivo das alarmantes estatísticas epidemiolóxicas relacionadas co dengue no país. Con motivo desta... Máis información
Páxinas |









