A Casa de Galicia en Madrid acolle dende hoxe a exposición "Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago" organizada polo Xacobeo

Dende hoxe xoves ata o día 1 de novembro as e os habitantes de Madrid poderán descubrir con esta mostra didáctica a historia e os contidos do Calixtino, a época na que se fixo e unha síntese da historia do Camiño e dos seus valores culturais. A entrada á mostra é gratuíta.

O proxecto expositivo da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, que xa puido visitarse en Barcelona dende o día 1 de outubro, percorrerá nos vindeiros meses outras cidades españolas como León, Málaga ou Pamplona e tamén europeas como Le Puy, Munich, Berlín ou Roma. Na organización desta mostra colabora a Fundación Catedral de Santiago e o Museo do Pobo Galego.

A Casa de Galicia en Madrid acolle dende hoxe a exposición 'Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago' organizada polo Xacobeo
A Casa de Galicia en Madrid acolle dende hoxe a exposición "Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago" organizada polo Xacobeo
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 18 de outubro de 2012.

Unha mostra didáctica sobre a historia e os contidos do Calixtino, o ambiente cultural no que naceu, a mentalidade da época, a catedral e a cidade de Santiago no século XII e unha síntese da historia do camiño de peregrinación e os seus valores culturais poderá verse a partir de mañá día 18 de outubro na Casa de Galicia en Madrid ata o próximo día 1 de novembro.

O proxecto expositivo, organizado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo da Secretaría Xeral para o Turismo en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago e co Museo do Pobo Galego, inclúe como complemento importantes exemplos da creatividade artística contemporánea, en especial as láminas orixinais de Francisco Leiro que acompañan á primeira edición íntegra en galego do Códex.

Algunhas das pezas que se poden ver nesta mostra son orixinais e outras son edicións facsímile, como unha edición Facsímile do Códice Calixtino do século XII: unha peza orixinal dun capitel xeminado medieval dunha casa compostelá; un facsímile da cruz doada polo rei Afonso III en 874 –peza de ouro e pedrería realizada en 2004-; un libro orixinal cunha escena de peregrinación con gravados do século XVI; ou un rosario de acibeche e prata do gremio de Acibecheiros de Santiago do século XIX.

Ademais, poderán verse fotografías ampliadas das miniaturas do Códice; a reconstrución virtual dun altar maior da catedral de Santiago segundo unha descrición do Libro V do Calixtino e tamén gozar da música ambiental da exposición que procede das notacións orixinais do Códice Calixtino.

A mostra complétase con textos, fotografías, a posibilidade de visión completa do Códice en edición dixital, así como diversas recreacións audiovisuais baseadas en datos do Libro V do Códice, así como un programa de visita virtual á Basílica xacobea denominado Libro de Pedra.

Artistas como Luis Gabú, Santy López, Tino Viz, Eutropio Rodríguez e Silvia Steinbach ilustran coas súas fotografías a vixencia dunha serie de textos originais do Liber Sancti Iacobi.Tratase dunha maridaxe perfecta entre o pensamento do século XII e a vivencia da peregrinación compostelá no século XXI.

A exposición está comisariada por Francisco Singul, xefe da área de exposicións da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, quen asistiu á xornada de apertura da mesma. Sobre a exposición, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, comentou que “se trata dunha mostra didáctica sobre a historia e contidos do Calixtino, o ambiente cultural no que naceu, a mentalidade da época, a catedral e a cidade de Santiago no século XII e unha síntese da historia do camiño de peregrinación e os seus valores culturais”.

A seguinte itinerancia desta exposición, que leva por nome Á luz do Calixtino. O códice de Santiago está previsto que sexa a León, onde poderá verse no Museo da cidade.

978 lecturas