O Goberno de España concede a Medalla de Ouro da Emigración á Casa de Galicia de Montevideo

Conmemorouse tamén o 95º aniversario desta senelleira institución.

  • Imaxe do acto de entrega da medalla e 95 º aniversario da entidade. Foto: EspañaVale.com.
    Imaxe do acto de entrega da medalla e 95 º aniversario da entidade. Foto: EspañaVale.com.

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo, 17 de outubro de 2012.

A Casa de Galicia de Montevideo foi condecorada coa Medalla de Ouro da Emigración do Goberno español polo seu apoio aos valores da solidariedade e compromiso social, ao conmemorarse o 95 aniversario da súa creación.

A condecoración, outorgada pola ministra española de Emplego y Seguridad Social, Fátima Báñez, foi imposta polo director xeral de Migraciones do goberno español, Aurelio Miras Portugal, o embaixador de España en Uruguai, Roberto Varela, e o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba.

Na cerimonia celebrada en Montevideo, Miras Portugal indicou que o espírito solidario dos españois e das españolas "ten un magnífico exemplo hoxe na Casa de Galicia", mentres o embaixador destacou que a institución "é un exemplo e orgullo" para Galicia e para España polo seu "traballo sanitario e compromiso coa sociedade".

Pola súa banda o secretario xeral da Emigración da Xunta transmitiu un saúdo e unha felicitación á entidade do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e resaltou como "dous piares" de Casa de Galicia a "asistencia socio sanitaria" e a "promoción da cultura galega". A institución nos seus case 100 anos pasou por "vicisitudes" pero "soubo rexurdir" e na actualidade "está á cabeza na asistencia sanitaria" en Uruguai, resaltou.

O presidente de Casa de Galicia, Manuel Ramos, considerou unha "grande honra e inmenso orgullo" para a institución recibir a Medalla de Ouro da Emigración, un premio que é o resultado de "moito traballo e gran dedicación" que pon "todo o persoal sanitario e os funcionarios", explicou.

Despois do acto, Miras Portugal indicou en declaracións a Efe que os valores que as e os antepasados españois inculcaron aos seus fillos e fillas na emigración servirán para sacar a España da situación de crise que vive actualmente. As e os antepasados inculcáronlles aos emigrantes "valores dun pobo recio, traballador e honrado", un "acervo común" que "vai axudar nos tempos complexos" que vive España, apuntou o director xeral de Migraciónes. A España -argumentou- chegan anualmente "case 7.000 millóns de euros de remesas e envíos directos do traballo dos españois no exterior", unha "cantidade moi grande", resaltou. "A España do exterior, nestes momentos complexos e difíciles fortalécenos co seu exemplo", agregou.

Na cerimonia de premiación participaron ademais representantes do Ministerio de Salud Pública (MSP) de Uruguai.

Casa de Galicia foi fundada en 1917 e actualmente brinda servizos sanitarios a unhas 60.000 persoas, na súa gran maioría emigrantes galegos e galegas e as súas familias, a través das oito policlínicas con que conta en Uruguai. Ademais, a institución difunde a cultura galega con corpos de baile e música e cursos de idioma, entre outras actividades.

Fonte: Terra | Fotos: EspañaVale.com

1279 lecturas