O presidente do Casino de Madrid, Mariano Turiel de Castro, ofrece na Casa de Galicia o recital "Dicir o verso", cunha coidada selección, deténdose especialmente na obra de Rosalía

O insigne vigués fixo un percorrido, a grandes pasos, pola poesía española, nun acto ao que asistiron máis dun cento de persoas.

  • O director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, na presentación do recital.
    O director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, na presentación do recital.
  • O director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, na presentación do recital.
    O director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, na presentación do recital.
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 22 de outubro de 2012.

"Os poetas son os homes que conservaron os seus ollos de neno", dixo o director da Casa, José Ramón Ónega, citando a Daudet, no recital poético Dicir o verso que ofreceu o presidente do Casino de Madrid, Mariano Turiel de Castro, co subtítulo Un percorrido, a grandes pasos, pola poesía española.

Ónega destacou "só algúns dos datos máis importantes da ampla traxectoria profesional de Turiel porque el suplicóume que fose o máis breve posible na súa presentación, para deixar máis tempo para o recital e paréceme ben e así o farei". Destacou, unicamente, que Mariano Turiel de Castro é doutor en Farmacia. Foi moitos anos profesor da Universidade Complutense de Madrid. É xornalista en activo e dende fai moito tempo colaborador permanente en prensa, radio e televisión. Ocupouse de moitas tarefas, pero entre elas destaca a súa vocación docente e ademais, actúa sempre como experto en labores propios do mundo da cultura. Así deixou boa pegada nos Colexios Maiores, na Dirección Nacional de moitos cursos Universitarios de verán, etc... Na actualidade, entre outros moitos cargos, é presidente do Casino de Madrid e da Federación Española de Círculos e Casinos Culturais. Pertence á Real Academia Nacional de Farmacia e á de Doutores, e forma parte das directivas doutras varias importantes institucións como a veterana Real Sociedade Económica Matritense de Amigos del País. Escribiu sete libros, infinidade de artigos e pronunciado innumerables conferencias. Como consecuencia, recibiu moitas e moi diferentes distincións de carácter civil, social e profesional (tanto dentro do mundo da Farmacia coma do Periodismo. Ademais é galego. De Vigo".

Pola súa banda, Turiel, tras os agradecementos e felicitacións explicou cómo xurdiu a proposta deste acto, cando un amigo común da Casa lle dixo, "dunha forma moi pouco diplomática, por certo: Mariano, non te podes morrer sen facer un recital especialmente de Rosalía" así que "aínda que non teño intención de morrerme e cando o faga será moi ao meu pesar, aquí estou".

O insigne vigués fixo unha coidada selección das poetisas e dos poetas máis destacados e representativos das diferentes épocas da Historia da Lírica Española, con especial atención a Rosalía á que dedicou máis de vinte minutos, un terzo do tempo total.

Declamou fragmentos de numerosas obras, entre elas: das coplas de Jorge Manrique; do teatro en verso de La vida es sueño de Calderón; El Tenorio, de Zorrilla; a xa mencionada Rosalía; Machado; Juan Ramón Jiménez; Pemán; Méndez Herrera -o poeta que mellor cantou ao mar-; Lorca; Miguel Hernández; Cabestany...

Máis dun centode persoas acudiron á Casa para asistir a esta cita con Mariano Turiel que en palabras do delegado "é a poesía mesma" e que realizou unha "interpretación maxistral que nos deixou a todos coa alma en vilo, polo seu proverbial sentimento que transmite como só el pode e sabe facelo. Grazas Mariano por este regalo! ". dixo Ónega.

1068 lecturas