O Hogar Español para Ancianos de Montevideo asina un convenio con Casa de Galicia e "La Española" para acoller pacientes destes centros hospitalarios

Un paso máis para lograr a autonomía económica da entidade.

Ante o director xeral de Migracións, os presidentes de ambas as dúas mutuas asinaron un acordo co Hogar Español de Ancianos para contratar servizos de internación na modélica entidade que permitirá un aforro para as tres institucións.

O Hogar Español para Ancianos de Montevideo asina un convenio con Casa de Galicia e 'La Española' para acoller pacientes destes centros hospitalarios
O Hogar Español para Ancianos de Montevideo asina un convenio con Casa de Galicia e "La Española" para acoller pacientes destes centros hospitalarios
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo, 18 de outubro de 2012.

Este convenio establece os prezos que pagaran as mutualistas ao Hogar Español para Ancianos polo aloxamento dos seus e as súas pacientes nunha área destinada para tales efectos con atención médica especializada para a terceira idade.

Benito Grande, o presidente do Hogar Español para Ancianos destacou que o acordo se comezara a negociar dende a anterior comisión directiva que presidía Antonio Ríos e que "é digno destacar que nós soamente culminamos a tarefa asinando este acordo".

Desta forma, o Hogar Español avanza un pouco máis para a auto sostibilidade, xa que ata agora non o lograron, segundo explicou Grande quen confesou que "todos os meses temos que vender unha propiedade do Hogar para poder pagar os soldos. Tiñamos 30 propiedades e tan só quédannos once".

Se ben se continúan realizando reducións de gastos na institución considerada buque insignia da colectividade española en Uruguai, "cada vez que recortamos algo é un servizo menos que non lle podemos dar aos anciáns", afirmou entristecido o presidente Grande "pero non podemos facer outra cousa, temos que dalo de comer aos internos" asegurou.

Tamén explicou que para sacar da crise ao fogar  "temos que velo como unha empresa", sentenciando que se temos que venderlle servizos a outras colectividades igual se fará para poder manter ás e aos 170 emigrantes españois que actualmente están a vivir na que será a súa última aldea.

Compromiso e solidariedade
Sen dúbida ningunha que o esforzo que realizarán estes dous mutuos sanitarios da colectividade española de Uruguai, servirán para ir saneando o déficit anual próximo ao medio millón de euros, pero o director xeral de Migraciones, Aurelio Miras Portugal, precisou que "este acordo ten que ser un bo negocio para as tres entidades", ao tempo que felicitou os asinantes "porque isto é no que está fundamentada a nosa sociedade, sen os seus valores de solidariedade isto non se tería asinado".

Así mesmo o presidente da Asociación Española, o bergantiñán José María García, sentenciou que "queremos axudar ao Fogar, pero este convenio queremos que nos sirva aos tres, polo cal temos que loitar os tres cada un dende o seu punto de vista. E por outro lado síntome moi contento e espero que esta sexa a primeiro semente da unión da colectividade", rematou García.

 

Fonte e foto: España Exterior

894 lecturas