Novas
Buscador
- Toda a información sobre as eleccións ao Parlamento de Galicia atópase na web eleccions2012.xunta.es 15.10.2012 audio Tamén está dispoñible o telefono gratuíto 900 81 25 40 de información á cidadanía. Preto de 11.000 persoas visitaron a paxina web https://eleccions2012.xunta.es/, posta en marcha pola Xunta co motivo das vindeiras eleccións ao Parlamento galego e na que se ofrece toda a información sobre os comicios, á que os cidadáns e as cidadás tamén poden... Máis información
- Kalandraka obtén o Premio nacional ao mellor labor editorial 14.10.2012 audio O selo pontevedrés é unha das grandes referencias do sector no xénero da literatura infantil. O selo pontevedrés Kalandraka, unha das grandes referencias do sector no xénero da literatura infantil, obtivo este martes o Premio nacional ao mellor labor editorial 2012 que concede anualmente o Ministerio de Educación y Cultura. A editorial impúxose... Máis información
- Igualdade e a Asociación de Centros Homologados desenvolven un programa de información sociolaboral para mulleres inmigrantes vítimas de violencia de xénero 13.10.2012 audio A iniciativa, posta en marcha en 2009, obedece á necesidade de facer fronte á evolución crecente da porcentaxe de mulleres inmigrantes, especialmente extracomunitarias, que son vítimas de violencia de xénero. Na edición do pasado ano participaron no programa 210 mulleres de 22 nacionalidades, maioritariamente brasileiras, marroquíes e colombianas... Máis información
- A Festa da hispanidade 2012 na Arxentina pecharase no Centro Galicia de Bos Aires 12.10.2012 audio O domingo 14 haberá unha gran romaxe no Campo Galicia da entidade. A Festa da Hispanidade, promovida pola Embaixada de España e organizada pola Federación de Sociedades Españolas de Arxentina e a Asociación Patriótica e Cultural Española, iniciouse o pasado sábado 6 de outubro na Cidade de Bos Aires. As actividades comezaron no Teatro Avenida,... Máis información
- A sociedade galega de Puentes de García Rodríguez na Habana celebra o seu centenario 11.10.2012 audio Ao acto celebrado na capital insular acudiron máis de 200 persoas entre as asociadas e invitadas. A comunidade galega en Cuba celebrou o pasado 30 de setembro na capital insular o centenario da sociedade Puentes de García Rodríguez á que asistiron máis de duascentas persoas entre asociadas e invitadas. O presidente da entidade, José García, tivo... Máis información
- Un total de 247 vítimas de violencia de xénero acceden no que vai de ano ás axudas de pagamento mensual de Igualdade 10.10.2012 audio Perciben estas axudas por un periodo máximo dun ano, en contías que oscilan entre os 300 e os 800 euros ao mes, en función de factores como os ingresos ou o número de fillos ou fillas menores a cargo. Entre as perceptoras, hai 20 mulleres con discapacidade e 56 son inmigrantes. No seu conxunto, as beneficiarias destas axudas son nais de 262... Máis información
- Pontecesures rende tributo aos seus veciños e veciñas na diáspora 10.10.2012 audio A localidade celebrou este luns o centenario dunha bandeira galega regalada pola Sociedad Cesureña en La Habana. No ano 1912, José Llerena Braña, presidente da Sociedad Cesureña en La Habana, volveu ao seu pobo natal, Pontecesures, cun encargo moi especial: facer entrega á Liga de Amigos do Carmen unha bandeira galega, de seda natural, que tiña... Máis información
- O presuposto da Secretaría General de Inmigración e Emigración ascende a 142 millóns de euros en 2013 09.10.2012 audio As accións a favor das persoas inmigrantes reciben unha dotación de 62,41 millóns de euros. Outros 76,70 millóns de euros destínanse a accións a favor das e dos emigrantes. A Secretaria General de Inmigración e Emigración do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, Marina del Corral, presentou o pasado xoves na Comisión de Empleo y Seguridad... Máis información
- O Consello da Cultura Galega participa en dous proxectos da Asociación de Institucións para as Migracións Europeas (AEMI) 08.10.2012 audio O Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega, participará no desenvolvemento de dous proxectos impulsados pola Asociación de Institucións para as Migracións Europeas (AEMI). Trátase do “Migraport”, portal das migracións europeas, e da Historia migratoria europea 1800-2010. O Arquivo da Emigración Galega, que tomou... Máis información
- A sociedade galega Hijos de Lorenzana celebrou a tradicional festa do Conde Santo 06.10.2012 audio Tamén festexou os aniversarios do primeiro semestre do ano. A sociedade galega Hijos de Lorenzana celebrou o pasado mes de setembro a festividade do Conde Santo cunha actividade sociocultural que se desenvolveu no salón de actos do antigo Pazo do Centro Galego da Habana. Coas palabras de Josefina Rodríguez Rodríguez, presidenta de Hijos de... Máis información
Páxinas |









