Nova York tivo a súa raíña galega
A Casa de Galicia contou coa súa propia carroza na celebración do Día da Hispanidade na Gran Mazá.
Un ano máis a Quinta Avenida de Nova York vestiuse con bandeiras españolas e latinoamericanas para celebrar o Día da Hispanidade. Os españois e as españolas residentes na Gran Mazá renderon homenaxe aos campións do mundo durante o pasarrúas, no que tamén se recordou aos mineiros chilenos.
As baixas temperaturas que se rexistraron na cidade non impediron que a xente saíse á rúa a aplaudir as dez mil persoas que desfilaron en representación de vinte países.
A Casa de Galicia en Nova York tivo a súa propia carroza, cunha raíña moi especial. Trátase de Carolina Fernández, de ascendencia galega e irmá do mozo que faleceu en agosto nun desgraciado accidente de autobús na cidade dos rañaceos.
Fonte: La Voz de Galicia
Novas relacionadas




