Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
17Xullo2026Lugo acollerá este luns 20 de xullo a gran gala de clausura de Escolas Abertas, cunha actuación sorpresa dun recoñecido artista internacional galego audio A Praza de Santa María en Lugo converterase este luns 20 de xullo, a partir das 20:30 horas, no escenario da Gran Gala de Clausura do programa Escolas Abertas, unha cita aberta a toda a cidadanía que porá o broche final a dúas semanas de formación intensiva arredor da cultura tradicional galega. A entrada será libre. A gala contará coa actuación especial dun recoñecido artista galego, un dos músicos con maior proxección internacional, que... Máis información
-
14Xullo2026Miranda anima á Casa de Galicia en Córdoba a seguir fortalecendo a presenza da cultura galega en Andalucía audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro de traballo con Maribel García, representante da Casa de Galicia en Córdoba, no que abordaron a situación da colectividade galega en Andalucía e os principais proxectos que a entidade desenvolverá nos vindeiros meses. Durante a reunión, Miranda agradeceu o labor que realiza a entidade para manter viva a identidade galega e animou á súa directiva a continuar... Máis información
-
12Xullo2026A delegada da Xunta no Uruguai salienta o papel do Club Español de Montevideo como punto de encontro da colectividade española audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou na celebración do 148º aniversario do Club Español de Montevideo, unha entidade histórica que desde hai case século e medio traballa para fortalecer os vínculos entre España e Uruguai e fomentar a convivencia da colectividade española. Durante o acto, no que tamén estiveron presentes representantes das principais institucións españolas no país, Domínguez destacou a traxectoria do Club... Máis información
-
12Xullo2026A Xunta reforza a coordinación coas asociacións venezolanas e cos centros galegos para apoiar ás persoas afectadas polos terremotos rexistrados audio Os conselleiros de Emprego, José González, e de Presidencia, Diego Calvo, avaliaron coas diferentes entidades a resposta á emerxencia. Na xuntanza participaron representantes da Hermandad Gallega de Venezuela e da Federación de Centros Españoles de Venezuela, así como da Federación Venezolana de Galicia e das asociacións venezolanas nas catro provincias galegas. O Goberno galego trasladou a máxima disposición para continuar traballando de... Máis información
-
11Xullo2026A delegada da Xunta no Uruguai salienta o labor do Hogar Español de Anciáns de Montevideo como referente de atención e coidado á colectividade audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou na celebración do San Xoán organizada polo Hogar Español de Anciáns de Montevideo, unha xornada de convivencia que reuniu residentes, familiares, directivos e representantes da colectividade española. Durante o encontro, Domínguez puxo en valor o importante labor que desenvolve esta institución, referente da atención ás persoas maiores da colectividade española no Uruguai, e destacou... Máis información
-
09Xullo2026A Xunta enxalza a contribución da emigración galega ao progreso socioeconómico de Galicia audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración clausurou o Encontro internacional de galegos no mundo, organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid. José González salienta o apoio autonómico ao retorno coa Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, que abarca máis de 100 medidas de axuda e acompañamento e dotada con 450 M€ para facilitar que milleiros de galegos poidan volver á comunidade. Subliña o papel clave de entidades como... Máis información
-
08Xullo2026A Xunta impulsa a formación de preto de 50 mestres de entidades galegas do exterior que difundirán o baile e a música tradicional de Galicia por América e Europa audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe en Santiago de Compostela no acto de inauguración do programa Escolas Abertas 2026. Desde hoxe ata o 20 de xullo o alumnado de Escolas Abertas -dunha idade media de 35 anos- recibirá formación especializada nas modalidades de baile tradicional galego, canto popular, pandeireta, gaita e percusión e habilidades directivas neste eido. González destaca o efecto... Máis información
-
07Xullo2026Miranda: “Cada participante de Escolas Abertas convértese nun embaixador da cultura galega no mundo” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibe aos participantes no programa Escolas Abertas, que comeza mañá mércores no Centro Superior de Hostalería de Galicia. En total, participarán 50 profesores de entidades galegas do exterior, 41 de América e outras 9 de Europa e resto de España, cunha media de idade de 35 anos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá no aeroporto de Santiago... Máis información
-
06Xullo2026Miranda presenta á colectividade galega de Bos Aires a nova Delegación da Xunta: “A Delegación de Bos Aires será a casa de Galicia en América, pero tamén a porta de América cara a Galicia” audio A nova sede permitirá reforzar a atención á colectividade, impulsar o retorno, atraer talento e potenciar a promoción económica, cultural e turística de Galicia. O novo espazo situarase nunha das principais arterias da capital arxentina, multiplicando a visibilidade institucional de Galicia e ampliando a capacidade de servizo á cidadanía. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado da Xunta en Bos Aires... Máis información
-
05Xullo2026Galicia homenaxea en Vigo ás vítimas do terremoto de Venezuela audio Galicia acompañou hoxe á comunidade venezolana nun emotivo acto de lembranza e homenaxe ás vítimas do recente terremoto en Venezuela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á misa celebrada en Vigo, na Igrexa Parroquial da Inmaculada Concepción, xunto á vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e á deputada Irene Garrido. Neste momento de profunda dor, a nosa solidariedade está con todas as... Máis información
Páxinas |









