Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
02Xullo2026Como canalizar axuda a Venezuela? audio A solidariedade é unha das características máis relevantes da cidadanía galega. Tendo en conta a magnitude da catástrofe humanitaria provocada polo terremoto en Venezuela, a Xunta de Galicia, agradece todas as mostras de solidariedade, e realiza, do mesmo xeito que a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e a Cooperación descentralizada das CC.AA as seguintes recomendacións: Canalizar a axuda da cidadanía... Máis información
-
02Xullo2026A delegada da Xunta en Montevideo informa aos participantes do programa "Conecta con Galicia no Camiño" antes da súa experiencia deste verán audio Os mozos e mozas uruguaios participantes no programa “Conecta con Galicia no Camiño” 2026 reuníronse en Montevideo coa delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, para coñecer todos os detalles da experiencia que vivirán este verán. A delegada deu detalladas explicacións sobre as actividades e experiencias que vivirán en Galicia, resolveu dúbidas e fomentou o espírito de grupo entre os participantes. O grupo de mozos e mozas chegarán a... Máis información
-
30Xuño2026Rodríguez Miranda: "O importante é manter a axuda a Venezuela ao longo do tempo" audio O secretario xeral da Emigración afirma que xa están operando as axudas da Xunta para atender os afectados por emerxencias ou catástrofes naturais. Nunha entrevista para o programa Bos días da Televisión de Galicia esta mañá, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recoñece que a situación en Venezuela é dramática e que aínda non sabe "en que situación están" os galegos que continúan desaparecidos. Tras conversar coa... Máis información
-
29Xuño2026Rueda preside o minuto de silencio en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado doutros membros do Executivo galego, preside o minuto de silencio en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela diante do Edificio Administrativo de San Caetano. Tamén tiveron lugar minutos de silencio nas delegacións territoriais do Goberno galego. Máis información
-
28Xuño2026Rueda reúnese cos centros galegos de Venezuela para coñecer de primeira man a situación do país e trasladarlles a solidariedade do pobo galego audio O presidente da Xunta mantivo esta tarde un encontro telemático cos presidentes destas entidades, no que fixo fincapé en que Galicia xa ten activados todos os mecanismos ao seu dispor tras os terremotos rexistrados esta semana e que se ampliarán en función das necesidades. O Goberno galego está en permanente contacto cos centros galegos desde o primeiro momento, e puxo en marcha diferentes actuacións de cooperación. Na reunión apelouse á cautela... Máis información
-
28Xuño2026A Xunta anima á mocidade a implicarse na remuda xeracional das Casas e Centros Galegos para seguir fortalecendo a galeguidade no exterior audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou en Vitoria na celebración do XXXVII Día de Galicia en Euskadi. José González puxo en valor a traxectoria de máis de 40 anos da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, organizadora deste evento anual de referencia para a colectividade e que integra as principais entidades galegas do País Vasco. Subliñou a fortaleza do tecido asociativo desta comunidade con fitos tan relevantes como o... Máis información
-
27Xuño2026A Xunta salienta en Vitoria o labor dos centros galegos do País Vasco na preservación da cultura e da identidade de Galicia audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou o Centro Galego de Álava, sede tamén da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, con motivo da súa viaxe á comunidade para participar mañá nos actos do Día de Galicia en Euskadi. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou esta tarde o Centro Galego de Álava, sede tamén da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, onde foi recibido pola presidenta... Máis información
-
26Xuño2026Teléfonos de asistencia consular para Venezuela audio Ante o recente sismo ocorrido en Venezuela, a Secretaría Xeral de Emigración quere informar dos teléfonos de asistencia para emerxencias do Consulado Xeral de España en Caracas, así como da Oficina Consular do Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación en Madrid: +58 424-2090264 (Caracas). +34 91 000 1249 (Madrid). Ao mesmo tempo, queremos facer un chamamento a toda a comunidade galega residente en Venezuela para que manteña a calma,... Máis información
-
22Xuño2026Miranda reúnese con Juan Alvite, figura relevante da colectividade española en Río de Xaneiro para reforzar os lazos coa comunidade galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo, xunto ao delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, un encontro con Juan Alvite, unha das personalidades de maior relevancia da colectividade española na cidade brasileira e un referente histórico do asociacionismo galego. A reunión serviu para intercambiar impresións sobre a realidade actual da comunidade galega e española en Río, así como para analizar novas... Máis información
-
20Xuño2026A Xunta destaca no 5º Encontro de amigos do Centro Galego de Maracaibo a volta á terra da descendencia daquelas xeracións que emigraron a Venezuela audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou hoxe no encontro en Oleiros. José González pon en valor este encontro impulsado por antigos socios e descendentes da colectividade galego-venezolana retornada, enxalzando a memoria compartida e a identidade que foi capaz de sobrevivir ao paso do tempo e á distancia. Referíndose aos que noutrora cruzaron o Atlántico buscando oportunidades, celebra que hoxe moita descendencia volva cruzalo... Máis información
Páxinas |









