Catro documentais sobre a emigración.

Alumnos das escolas de imaxe e son de Tarragona, Madrid, Sevilla e A Coruña formaron parte do proxecto.

Listen to this page using ReadSpeaker

Alumnos das escolas de imaxe e son de Tarragona, Madrid, Sevilla e A Coruña elaboraron catro documentais sobre a emigración. O proxecto, iniciado hai dous anos, contou coa participación dun grupo de alumnos da Escola de Imaxe e Son da Coruña.

A obra conta as historias de emigrantes de varias partes de España, entre eles os galegos que deixaron a comunidade e aqueles que fixeron o camiño de regreso.

Participaron na realización do documental, de 40 minutos de duración, uns 200 alumnos procedentes de diversas escolas de Imaxe e Son de España. O traballo do grupo da Escola da Coruña centrouse no relato dunha muller que regresa a Galicia despois de varios anos como emigrante e tamén nas memorias do avó dun dos estudantes que emigrara a Arxentina.

A produción conta coa posibilidade de que sexa emitido en Televisión Española. Tamén se proxectará en diversos festivais cinematográficos. As gravacións foron realizadas nas linguas de cada comunidade e a fita está subtitulada en castelán.

1860 lecturas