Xornadas sobre as Migracións - Novembro 2010

Ao longo do mes de novembro a Secretaría Xeral da Emigración vai organizar tres actividades formativas sobre as migracións, en Santiago de Compostela, na sede da Escola Galega da Administración Pública (EGAP).

Listen to this page using ReadSpeaker

Ditas xornadas e encontros son os seguintes:

  • Xornada sobre  a lei de estranxería (16 de novembro)

 - picar aquí para máis información e inscrición

  • Encontro galego de profesionais da inmigración. Proxectos, experiencias e boas prácticas. (23 de novembro)

 - picar aquí para máis información e inscrición

  • Xornada sobre planificación e xestión de proxectos para o colectivo migrante (30 de novembro)

 - picar aquí para máis información e inscrición

No marco destas actividades abordaranse aspectos de interese relacionados coa reforma da lei de estranxería, experiencias e boas prácticas de integración en diferentes eidos, e a planificación e xestión de proxectos dos concellos e  entidades, segundo os programas que se detallan no Plan de Formación.

As inscricións ás xornadas e ao encontro realizaranse por medios telemáticos a través do portal www.galiciaaberta.com cumprimentando a ficha de inscrición que figura no enlace da web “Inmigración e retorno/ Plan de Formación/ Inscrición en cursos e xornadas/ Tipo de formación: seleccionar xornada”.
A cada actividade poderá asistir un máximo de 60 persoas, realizándose a selección por orde de inscrición. O xantar terá lugar na propia EGAP.

3334 lecturas