Feijóo cualifica o Xacobeo e a visita do Papa de “gran éxito colectivo” de todos os galegos e di que servirá de “estímulo” para recuperar unha “certa esperanza polos momentos difíciles que estamos a vivir”.

Resalta que, hoxe, “todos os galegos que viven en calquera lugar do mundo se sentiron orgullosos da súa terra. Galicia está acostumada a ter moitos galegos polo mundo e, hoxe, o mundo estivo en Galicia”.

O titular da Xunta destaca que Benedicto XVI volveu a confirmar a Santiago como capital espiritual de Europa “e volveu a mandar unha mensaxe de que Compostela -e Galicia-, é un lugar de encontro, é un lugar de unidade”.

Reitera o agradecemento a Súa Santidade “pola súa visita”, e a Casa Real e aos Príncipes de Asturias, “que nos acompañaron durante toda a xornada”.

Dá as grazas ao pobo galego, “porque confiou en Galicia e porque, hoxe, Galicia se sinte orgullosa do que fixo”.

Agradece a extraordinaria retransmisión da CRTVG durante 14 horas continuadas, “o seu traballo, a súa profesionalidade e a calidade na relación das imaxes e a información constante”.

  • Feijóo cualifica o Xacobeo e a visita do Papa de “gran éxito colectivo” de todos os galegos e di que servirá de “estímulo” para recuperar unha “certa esperanza polos momentos difíciles que estamos a vivir”.
    Feijóo cualifica o Xacobeo e a visita do Papa de “gran éxito colectivo” de todos os galegos e di que servirá de “estímulo” para recuperar unha “certa esperanza polos momentos difíciles que estamos a vivir”.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2010.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificou esta noite o Xacobeo e a visita do Papa, Benedicto XVI, a Galicia de “gran éxito colectivo” de todos os galegos. “Durante unhas horas, -dixo- Galicia foi o centro do mundo e iso nos ten que servir de estímulo e de ánimo para recuperar, probablemente, unha certa esperanza polos momentos difíciles que estamos a vivir. Espero e desexo que este día histórico para Galicia sexa un revulsivo para mellorar e animar ao pobo galego polo esforzo e polo traballo que ven facendo durante este Ano Santo que, hoxe, coroamos cun gran éxito colectivo de todos”.

Feijóo destacou que, se Juan Pablo II fai 28 anos confirmou a Santiago como capital espiritual de Europa, hoxe, Benedicto XVI “volveu a confirmar este título e volveu a mandar unha mensaxe de que Compostela -e Galicia-, é un lugar de encontro, é un lugar de unidade e é un lugar onde toda a humanidade puido comprobar cómo sabemos recibir ao Santo Pai e cómo sabemos ser agradecidos co peregrino máis ilustre”.

Durante a súa intervención, o presidente da Xunta tivo, tamén, un recordo especial para os residentes ausentes. “Agardamos 28 anos para volver a recibir a un Sumo Pontífice; e o fixemos con alegría, con orgullo, como un pobo aberto e dialogante e quixera, neste momento, facer un recordo moi especial a todos os emigrantes espallados polo mundo. Creo que, hoxe, todos os galegos que viven en calquera lugar do mundo se sentiron orgullosos da súa terra. Galicia está acostumada a ter moitos galegos polo mundo e, hoxe, o mundo estivo en Galicia”.

Logo de reiterar o agradecemento a Súa Santidade “pola súa visita”, e a Casa Real e aos Príncipes de Asturias, “que nos acompañaron durante toda a xornada”; o responsable do Goberno galego deu, ademais, as grazas ao pobo galego, “porque confiou en Galicia e porque, hoxe, Galicia se sinte orgullosa do que fixo”.

“Agradecemento moi especial, tamén, -engadiu- á Igrexa galega, ao Arcebispado de Santiago, a toda a Igrexa española, a todas as comunidades que nos estiveron visitando durante estes meses, ao Concello, á Delegación do Goberno, ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, ás máis de 500 persoas de Protección Civil e a todo o corpo de persoal sanitario que estivo a disposición de toda a loxística desta visita”.

Por último, o titular do Executivo galego referiuse á “extraordinaria realización que fixo unha empresa pública galega, a extraordinaria retransmisión da CRTVG durante 14 horas continuadas, antes de que o avión procedente do Vaticano se pousara en terra galega e ata o instante en que o avión partiu cara a Barcelona”. “Agradecer o seu traballo, a súa profesionalidade e a calidade na relación das imaxes e a información constante”, concluíu.

2067 lecturas