Novas
Buscador
- Millóns de residentes na capital Arxentina poderán coñecer a nosa terra, e o Camiño de Santiago, grazas a ‘Buenos Aires Celebra Galicia’, que terá lugar o vindeiro 14 de setembro 23.08.2014 audio Máis de mil persoas pertencentes ás comunidades galegas naquel país participan na organización dun evento que converterá Galicia, e o Camiño de Santiago, nos epicentros da actividade social e cultural da capital pratense, co apoio da Xunta trala invitación do Goberno da Cidade. A Xunta súmase á iniciativa levando por vez primeira ao outro lado do... Máis información
- Proxecto de recuperación documental e fotográfica da emigración galega 20.08.2014 audio Trátase dunha campaña de recollida das coleccións particulares das e dos nosos emigrantes posta en marcha polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. O Arquivo da Emigración Galega pretende ser un espazo de relación permanente, que axude a reconstruír e conservar a memoria colectiva da identidade galega espallada máis alá das... Máis información
- Miranda visita o castro de Portomarín, onde comparten traballo mozas e mozos da diáspora e da Galicia territorial 18.08.2014 audio Esta convivencia é posible mercé á segunda modalidade do programa ‘Conecta con Galicia’, que en xullo xa trouxo a outros 170 mozos e mozas da Galicia do Exterior. Canda o secretario xeral da Emigración, estiveron tamén presentes os subdirectores de Voluntariado e Participación, e de Emigración e Comunidades Galegas, así como o alcalde e o tenente... Máis información
- Emigración destina a políticas sociais para as e os maiores do exterior case tres millóns de euros, dos que se benefician en torno a dez mil familias 16.08.2014 audio Esta cantidade supón a metade do orzamento efectivo do departamento que dirixe Antonio Rodríguez Miranda. Só na convocatoria de axudas individuais por situacións de precariedade e axudas de natureza humanitaria por emerxencia, Emigración inviste máis de dous millóns. Ademais, destínanse 55.000 euros ás axudas especiais para emigrantes, galegos ou... Máis información
- Galicia tivo a súa festa inesquecible 15.08.2014 audio A Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina festexou o Día de Galicia cun espectáculo musical no Teatro Bambalinas de Bos Aires. Resultou unha verdadeira festa a celebración do Día de Galicia organizada pola Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina e as entidades participantes, onde o público que encheu as... Máis información
- Bos Aires acollerá o XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos 14.08.2014 audio Celebrarase do 6 ao 8 de maio na Universidad Nacional San Martín. A Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) celebrará a undécima edición do seu Congreso o vindeiro ano en Bos Aires, baixo o título de Os estudos galegos ante o cambio social e cultural: identidades na fronteira, emigración e exilio. Así, do 6 ao 8 de maio, na Universidad... Máis información
- O conselleiro de Cultura e Educación clausurou no mosteiro de Celanova a entrega dos premios Alecrín da Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña 13.08.2014 audio Vázquez Abad destacou que as e os premiados “representan moitas das grandes liñas de traballo e intereses da produción cultural acometida en clave galega durante as últimas décadas”. A Consellería de Cultura e Educación colabora cos premios Alecrín da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña. O conselleiro de Cultura, Educación e... Máis información
- Editorial Galaxia inaugura unha nova etapa: Galaxia dixital 12.08.2014 audio O proxecto ‘Mar Maior’, pensado para lanzar a cultura galega noutras linguas, inicia as súas actividades en Bos Aires, Bruxelas e Madrid. A Xunta de Accionistas aprobou unha nova ampliación de capital. Editorial Galaxia vén de aprobar, en xunta xeral de accionistas, unha ampliación de capital para desenvolvementos estratéxicos. Estes... Máis información
- O Celta confraternizou en Londres co FC Deportivo Galicia 11.08.2014 audio O Celta viviu o venres un entrañable encontro en Londres. Aproveitando a viaxe de regreso a Vigo, tras finalizar a xira británica, o equipo olívico organizou un acto de confraternación co FC Deportivo Galicia, club amateur fundado por emigrantes galegos e galegas nos anos 60 no seo do Centro Galego de Londres. O FC Deportivo Galicia compite na... Máis información
- O Centro Gallego de Río Gallegos prepara o seu 87º aniversario 10.08.2014 audio O 21 de agosto o Centro Gallego da capital santacruceña celebrará os seus 87 anos de vida. Así e todo, os festexos por este aniversario comezan este venres coa inauguración de "Cousas da vida" da artista galega Julia Miguens. Ademais, haberá un "Té do Encontro" e unha paella con baile e espectáculos. O próximo 21 de agosto, o Centro Gallego de... Máis información
Páxinas |








