O Celta confraternizou en Londres co FC Deportivo Galicia

Emigrantes de Galicia na capital británica fundaron este club en 1968. Foto: R.C. Celta de Vigo
Emigrantes de Galicia na capital británica fundaron este club en 1968. Foto: R.C. Celta de Vigo
Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo, 10 de agosto de 2014.

O Celta viviu o venres un entrañable encontro en Londres. Aproveitando a viaxe de regreso a Vigo, tras finalizar a xira británica, o equipo olívico organizou un acto de confraternación co FC Deportivo Galicia, club amateur fundado por emigrantes galegos e galegas nos anos 60 no seo do Centro Galego de Londres.

O FC Deportivo Galicia compite na Middlesex County Premier Football League, úndecima division do fútbol inglés, tan só un chanzo por baixo da Combined Counties Football League, categoría xa semiprofesional e que en caso de alcanzala daríalles o dereito a participar na prestixiosa FA Cup, o torneo de fútbol máis antigo do mundo.

Un representante deste incomparable club, recoñecido no Reino Unido e Europa como un dos mellores conxuntos amateurs, intercambiu a súa camisola con unha dos celestes, quen inmortalizaron o encontro posando coa elástica recibida.

 

Fonte e foto: R.C. Celta de Vigo

841 lecturas