Novas
Buscador
- Xesús Vázquez Abad recibe na Cidade da Cultura o alumnado do colexio Santiago Apóstol de Bos Aires que se atopa de viaxe de estudos en Galicia 12.09.2014 audio Inaugurado no ano 1998, o colexio foi creado conxuntamente pola Xunta de Galicia e polo Centro Galicia de Bos Aires, por medio da Fundación Galicia-América, co propósito de desenvolver un programa educativo bicultural. A Consellería de Cultura e Educación impulsa por diversas vías a aprendizaxe da lingua galega fóra de Galicia. O conselleiro de... Máis información
- Rodríguez Miranda realizou unha entrañable visita á Escola Galicia de Montevideo 11.09.2014 audio Entregou diverso material didáctico e equipamento deportivo doado pola Administración galega. A partir de agora o centro educativo contará cun cartel co seu nome realizado en pedra ao xeito tradicional por canteiros da provincia de Pontevedra. Miranda destacou que Galicia nunca esquecerá o que Uruguai fixo polos seus emigrantes nin aos seus... Máis información
- Miranda reuniuse con mozos galegos no Complexo Deportivo do Centro Galego de Montevideo e viaxou ata o Centro Español de Maldonado 11.09.2014 audio A visita do secretario xeral dá Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, tivo o seu punto máximo no Senado e na Escola Galicia, pero o dirixente da Xunta tamén tivo tempo para reunirse con mozos galegos no Complexo Deportivo do Centro Galego de Montevideo e viaxar ata o Centro Español de Maldonado, dirixido polo fillo de galegos, Javier Carballal... Máis información
- Millóns de residentes na capital Arxentina poderán coñecer a nosa terra, e o Camiño de Santiago, grazas a ‘Buenos Aires Celebra Galicia’, que terá lugar o vindeiro 14 de setembro 11.09.2014 audio Máis de mil persoas pertencentes ás comunidades galegas naquel país participan na organización dun evento que converterá Galicia, e o Camiño de Santiago, nos epicentros da actividade social e cultural da capital pratense, co apoio da Xunta trala invitación do Goberno da Cidade. A Xunta súmase á iniciativa levando por vez primeira ao outro lado do... Máis información
- A exposición pictórica "Recantos de Galicia" de Eduardo Casal Barreiro estará ata o 28 na Delegación da Xunta en Madrid 10.09.2014 audio O artista pontevedrés que retornou á súa terra despois de máis de tres décadas, ofrece na Casa paisaxes rurais, ríos, bosques, mariñas e cidades de rúas empedradas... A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolleu esta tarde a inauguración da mostra pictórica Recantos de Galicia de Eduardo Casal Barreiro, emigrante retornado de Uruguai... Máis información
- A Cámara de Representantes e mailo Senado de Uruguai homenaxean ao Centro Galego de Montevideo, o máis antigo do mundo en funcionamento 09.09.2014 audio Tamén a Administración Nacional de Correos da República, cun mataselos conmemorativo, e maila Xunta Departamental da capital, cunha sesión monográfica, renden recoñecemento ao 135 aniversario desta comunidade. Galicia está representada nos actos oficiais polo secretario xeral da Emigración. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
- Feijóo trasládalle a Juan Carlos Varela o interese da Comunidade para dar continuidade ás oportunidades económicas e industriais que ofrecen Galicia e Panamá 08.09.2014 audio O titular da Xunta agradece ao gobernante panameño que incluíse a Comunidade galega na súa primeira viaxe institucional que realiza a Europa, logo de ser elixido presidente da República o pasado mes de maio. O presidente da Xunta incide en que o Goberno autonómico ten en Panamá un destino prioritario dentro da súa axenda internacional co obxectivo... Máis información
- A Xunta acorda unha alianza empresarial entre o estado brasileiro de Pernambuco e Galicia para impulsar os intercambios comerciais 07.09.2014 audio O director xeral do Igape, Javier Aguilera, pechou a súa viaxe a Brasil impulsando un acordo coa Axencia de Desenvolvemento Económico de Pernambuco para promover relacións comerciais entre empresas do naval, TIC, auxiliar da automoción e enerxías renovables de ambos lados do Atlántico. Este protocolo súmase ao impulsado o pasado martes co Goberno... Máis información
- A Xunta busca oportunidades de negocio para as empresas galegas en Porto Suape, a locomotora industrial de Pernambuco 05.09.2014 audio O director xeral do Igape, Javier Aguilera, visitou o complexo portuario e abordou co director das instalacións, Silvio Leiming, as posibilidades de negocio e cooperación para compañías galegas. Analizaron as posibilidades de alianza empresarial en diferentes sectores, entre eles o naval, ao abeiro do protocolo de colaboración que se prevé... Máis información
- Xesús Vázquez Abad cualifica de “agasallo documental e artístico” a exposición itinerante ‘As fotos máis antigas de Galicia’ que se pode visitar dende hoxe en Santiago 03.09.2014 audio O conselleiro de Cultura e Educación participou na inauguración da mostra que este mes estará dispoñible no Café Casino e, posteriormente, percorrerá outros catro centros socioculturais da capital galega. Parte das imaxes foron parte dun álbum fotográfico co que se agasallou á raíña Isabel II nunha visita oficial que fixo a Santiago no ano 1858.... Máis información
Páxinas |








