Galicia tivo a súa festa inesquecible

A Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina festexou o Día de Galicia cun espectáculo musical no Teatro Bambalinas de Bos Aires.

  • O grupo Miña Terra amosou as súa magnífica calidade ante un auditorio que encheu as bancadas do Teatro Bambalinas
    O grupo Miña Terra amosou as súa magnífica calidade ante un auditorio que encheu as bancadas do Teatro Bambalinas
  • O presidente da Federación, Francisco Lores, agradeceu a presenza do público no acto
    O presidente da Federación, Francisco Lores, agradeceu a presenza do público no acto
  • A banda de gaitas 'Dúas Beiras' deleitou coa súa música
    A banda de gaitas "Dúas Beiras" deleitou coa súa música
  • Varias autoridades da colectividade asistiron a esta celebración
    Varias autoridades da colectividade asistiron a esta celebración
  • O Conxunto Alborada da ABC do Partido de Corcubión foi moi aplaudido
    O Conxunto Alborada da ABC do Partido de Corcubión foi moi aplaudido
  • A Agrupación Folklórica Baixo Miño fixo as delicias do público asistente
    A Agrupación Folklórica Baixo Miño fixo as delicias do público asistente
  • O Grupo do Centro Arzuano Mellidense emocionou ás persoas que enchían o Teatro Bambalinas
    O Grupo do Centro Arzuano Mellidense emocionou ás persoas que enchían o Teatro Bambalinas
  • Resultou impactante a presentación do grupo Mouxos e Coruxas
    Resultou impactante a presentación do grupo Mouxos e Coruxas
  • Emocionante participación da Orquesta Escuela Juvenil de San Telmo
    Emocionante participación da Orquesta Escuela Juvenil de San Telmo
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 27 de xullo de 2014.

Resultou unha verdadeira festa a celebración do Día de Galicia organizada pola Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina e as entidades participantes, onde o público que encheu as instalacións do Teatro Bambalinas gozou de varios números musicais de primeiro nivel.

Tras a benvida e as palabras alusivas á data por parte do titular da Federación, Francisco Lores, a Banda de Gaitas "Dúas Beiras" interpretou na apertura da súa presentación o Himno Galego, que rematou cun pechado aplauso de todas e todos os asistentes.

Logo de que a agrupación anfitriona executase varios temas tradicionais, subiu ao escenario o "Conxunto Alborada" da ABC do Partido de Corcubión, que despregou un repertorio no que a música e o baile foron premiados polo cariño do público, que as e os felicitou cun sostido aplauso final.

Tamén espertou a alegría das e dos presentes a recoñecida Agrupación Folclórica Baixo Miño, que sempre cega coa súa posta en escena multitudinaria e colorida.

Na súa quenda, o Grupo Arzuano Mellidense ofreceu numerosas pezas tradicionais galegas que emocionaron a moitas e moitos maiores que estaban nas butacas do Teatro Bambalinas.

O grupo musical "Miña Terra" presentouse en sociedade por primeira vez na entidade, demostrando unhas calidades estupendas á hora de animar un acto tan singular como é a celebración do Día de Galicia.

Así mesmo aconteceu coa agrupación "Mouxos e Coruxas", que impactaron pola súa solidez á hora de interpretar típicas cancións galegas.

Especialmente invitada para culminar a reunión participou a Orquesta Escuela Juvenil de San Telmo, que dirixe a profesora Clara Ackermann, pechando un acto impecable onde o pracer de escoitar boa música resultou o común denominador.

Antes de retirarse, e como xa é tradición por parte da Federación, ao público presente servíuselle a típica queimada galega, acompañada por rosquillas.

 

Fonte e fotos: Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina

1196 lecturas