Novas
Buscador
- Miranda asistiu ao Día de Galicia en Alcobendas, cidade exemplo de integración da diáspora 29.07.2014 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compartiu a celebración do Día de Galicia en Alcobendas (Madrid), que se realiza tódolos anos nesta cidade madrileña co gallo da festividade do Santiago Apóstolo, e que reuniu na Praza da Esfera a centenares de participantes. As e os asistentes eran tanto persoas con vencellos con... Máis información
- Miranda recibe a Regina Jallas, directora dun dos centros asistenciais galegos de referencia para toda a diáspora 29.07.2014 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho de Santiago a Regina Jallas, presidenta da Associaçao Recreio dos Anciâos para Asilo da Velhice Desamparada de Río de Xaneiro, un dos centros asistencias para as galegas e os galegos do Exterior que se ten convertido en referencia obrigada pola súa boa xestión e... Máis información
- Es emigrante retornado ou retornada e queres montar unha empresa? 27.07.2014 audio As subvencións de Secretaría Xeral da Emigración incentivan o autoemprego e á creación de empresas neste sector. O regreso a Galicia das e dos emigrantes non sempre é fácil. Por esta razón, a Secretaría Xeral da Emigración lanzou por segundo ano consecutivo a súa liña de subvencións para axudar a todas as persoas que estiveron traballando no... Máis información
- A Xunta é pioneira no dominio galego ‘puntoGAL’ tanto desde o punto de vista institucional como cultural 26.07.2014 audio O Día de Galicia a Administración autonómica activará un novo espazo que conmemora esta xornada: a web 25dexullo.gal A Consellería de Cultura e Educación tamén porá en marcha este mesmo venres as webs institucionais de Política Lingüística e de Cultura. A cultura, o turismo, a lingua e a tecnoloxía xunto con direccións institucionais completan a... Máis información
- A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina celebra o Día de Galicia cun gran espectáculo musical 25.07.2014 audio O sábado 26 de xullo, dende as 19, con entrada libre e gratuíta. Como é tradicional, cada ano, a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina celebrará o Día de Galicia cun multitudinario espectáculo musical que se desenvolverá o próximo sábado 26 de xullo, a partir das 19, no Teatro Bambolinas, situado en Chacabuco 947, do porteño... Máis información
- ARTIGO DO PRESIDENTE DA XUNTA CON MOTIVO DO DÍA DE GALICIA 24.07.2014 audio Galicia, xunta no fundamental. Cando hai un ano me dirixín aos galegos na declaración institucional que tivo lugar con motivo do accidente ferroviario de Angrois dixen que o ocorrido marcaría para sempre todos os Días de Galicia da nosa historia. Efectivamente, a memoria das 79 vítimas que perderon a vida segue moi presente e hoxe, máis que nunca... Máis información
- Miranda explicou en Arxentina e Uruguai a nova regulación para o recoñecemento e rexistro das entidades galegas no exterior 23.07.2014 audio Mantivo reunións de traballo con directivos das entidades en Bos Aires e Montevideo. O secretario xeral dá Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, participou o xoves 17 de xullo dun encontro con ao redor de 50 representantes de entidades galegas asentados en Arxentina. Previamente, o mércores 16 de xullo, fixera o mesmo en... Máis información
- A residencia xuvenil Florentino López Cuevillas acolle a 60 mozos e mozas participantes no programa Conecta con Galicia 22.07.2014 audio Chegan desde países da América Latina, Europa e tamén de España. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou hoxe aos integrantes do campamento que se desenvolve na capital. Durante seis días, os participantes, descendentes de galegos emigrados, levarán a cabo actividades destinadas a coñecer de primeira man o Camiño de... Máis información
- O Centro Galicia en Ponferrada organiza a Romaría da Cruz de Ferro 21.07.2014 audio Como vén sendo habitual o Centro Galicia en Ponferrada organiza a Romaría da Cruz de Ferro, festa declarada de "Interese turístico Provincial" en conmemoración ao Día de Galicia, este ano farase o domingo 27 de Xullo. Desenvólvese na Paraxe da Cruz de Ferro, pertencente ao Concello de Santa Colomba de Somoza. Así mesmo enxalzaremos o Camiño de... Máis información
- As e os beneficiarios dos programas ‘Conecta con Galicia’ e ‘Escolas Abertas’, da Secretaría Xeral da Emigración, participan conxuntamente nunha misa na catedral de Santiago 20.07.2014 audio Na Praza do Obradoiro confluirán esta tarde a segunda quenda do programa dirixido á mocidade galega da diáspora, e mailo alumnado dos diferentes cursos de especialización para residentes no Exterior. Case douscentos galegas e galegos da diáspora que participan este verán en dous dos programas da Secretaría Xeral da Emigración (desenvolvido un... Máis información
Páxinas |







