Novas
Buscador
- Galicia e Canarias coinciden na necesidade de que as comunidades cunha facenda saneada manteñan os incentivos por respectar as normas e teñan unha aplicación máis flexible da regra de gasto 03.04.2019 audio O titular da Xunta recibiu esta mañá ao presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle. Expresan o convencemento de que non se está a facilitar que as dúas comunidades poidan dispoñer do orzamento que lles corresponde na súa totalidade, nin para este exercicio nin sobre todo para o futuro. En relación a Galicia, Feijóo destaca que, só... Máis información
- Miranda reúnese coa embaixadora de Australia en España, Julie-Ann Guivarra, para tratar os retos que afrontan ambas rexións 02.04.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, mantivo unha reunión coa embaixadora de Australia en España, Julie-Ann Guivarra, e coa segunda secretaria de Asuntos Políticos e Culturais, Ana Becerra Riveroll, como primeiro contacto entre ambas institucións. Entre... Máis información
- Miranda pon a celebración do medio século de vida da Casa de Galicia en Santurce como exemplo de integración galega no resto de comunidades autónomas 31.03.2019 audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro co presidente da entidade galega, coa que colabora na organización das vodas de ouro, Pablo Álvarez García. O programa inclúe espectáculos culturais e musicais e unha romaría vasco-galega, entre outros actos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo como exemplo de... Máis información
- A Xunta abre o prazo de solicitude de Emprega Parados de Longa Duración con axudas para a contratación e formación que inclúen incentivos para as e os emigrantes retornados 28.03.2019 audio A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste neste programa dirixido ao tecido empresarial 2 millóns de euros e inclúe un bono formación de entre 2.000 e 4.000 euros, así como apoios para a contratación de 5.000 euros como mínimo. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro. Os incentivos á... Máis información
- Miranda pide a todas e todos os galegos do mundo que estendan o seu compromiso con Galicia ao Xacobeo 2021 durante a celebración do Capítulo da Enxebre Orde da Vieira en Madrid 24.03.2019 audio O secretario xeral da Emigración fixo entrega dos trofeos Galeguidade no Mundo a Ramón Villares, á Casa de Galicia da capital do país e a Atlántico Diario nun acto ao que tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. O responsable do departamento autonómico salientou” a universalidade da intelectualidade galega, ás... Máis información
- O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de “Conecta con Galicia”, que este ano contará con 174 prazas para mozas e mozos galegos que residan no exterior de entre 15 e 20 anos 22.03.2019 audio O programa da Secretaría Xeral da Emigración ofrece, en colaboración coa Consellería de Política Social, axudas para que a mocidade galega do exterior participe en actividades de ocio e cultura galega durante 10 días na comunidade. Os grupos de beneficiarias e beneficiarios dividiranse en dúas quendas que alternarán varias etapas do Camiño de... Máis información
- A Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas manterá unha reunión extraordinaria en Compostela co gallo da imposición da Medalla do Parlamento de Galicia á emigración 21.03.2019 audio A xuntanza terá lugar na sede da Cámara galega os días 5 e 6 de abril. A Secretaría Xeral da Emigración felicita a todos os galegos do exterior polo merecido recoñecemento. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da reunión extraordinaria que a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas manterá os vindeiros días 5... Máis información
- Aumenta o número de galegas e galegos residentes no exterior ata chegar aos 519.646, mentres segue a diminuír o de emigrantes que naceron en Galicia e marcharon ao estranxeiro 20.03.2019 audio As e os emigrantes naturais de Galicia que marcharon ao estranxeiro mantén a tendencia dos últimos anos e decrece en 2.549. O Instituto Nacional de Estadística publica hoxe as cifras de cidadás e cidadáns españois residentes no exterior, que se incrementa en 3.157 galegas e galegos. A cifra de cidadás e cidadáns galegos residentes no exterior... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa de difusión da cultura galega “Escolas Abertas” 19.03.2019 audio A proposta do Goberno galego permite a alumnas e alumnos de todo o mundo recibir formación especializada en gaita, baile, percusión, canto e confección a través das e dos docentes que participan no programa. Un total de oitenta profesoras e profesores de entidades do exterior participarán nesta nova edición do programa. A Secretaría Xeral da... Máis información
- Miranda asiste na capital uruguaia á tradicional romaría popular do Centro Gallego de Montevideo 18.03.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo fin á súa viaxe a Suramérica, a segunda deste ano logo da súa visita a Venezuela no mes de xaneiro, asistindo á celebración da tradicional romaría popular organizada polo Centro Gallego de Montevideo. A cita congrega cada ano milleiros de galegas e galegos e socias e socios da... Máis información
Páxinas |







