Novas
Buscador
- A Asociación Centro Partido de Carballiño visita Galicia nun achegamento ás súas raíces 13.09.2019 audio Un grupo da Asociación Centro Partido de Carballiño está a visitar Galicia esta semana co obxectivo de achegarse as súas raíces galegas. Con este fin, durante os vindeiros días percorrerán algúns dos lugares máis emblemáticos da nosa comunidade, comezando hoxe por Santiago, onde foron recibidas e recibidos polo subdirector xeral de Xestión... Máis información
- Miranda avoga pola conservación e difusión das “tradicións da nosa terra” no Centro Galego de México 13.09.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe co representante do Centro Galego de México, Manuel Ferradas. Durante este encontro, o secretario recalcou a importancia de “manter unha boa liña de traballo, para reforzar as sinerxias con México” no tocante a difusión das tradicións galegas a través desta entidade. Non... Máis información
- Miranda avoga polo retorno emprendedor galego para impulsar a mellora da competitividade empresarial e afrontar o reto demográfico 12.09.2019 audio Salienta a importancia do programa de axudas ao retorno emprendedor, aberto á solicitude de axudas ata fin de mes, e anima aos emprendedores do exterior “a traer de volta a súa terra todo o coñecemento adquirido” Destaca que máis de 150 galegos retornados activaron novos negocios co apoio da Xunta desde a posta en marcha desta iniciativa Subliña... Máis información
- Miranda amosa o seu apoio aos galegos de Lleida e agradece ao seu centro o traballo que desempeñan diariamiente a prol da galeguidade 10.09.2019 audio Sitúa ás entidades de Cataluña como “exemplo de integración e cooperación”: “O Centro de Lleida é parte fundamental da Unión de Asociacións Galegas de Cataluña, con preto de 1.000 socios dos que case 700 son galegos” Tralo seu paso por Galicia, anímaos a “volver aos seus fogares como os mellores embaixadores da nosa terra”, en especial de cara ao... Máis información
- Miranda trasládalle aos representantes de HEVEGA o “permanente compromiso” da Xunta coa situación dos galegos de Venezuela 09.09.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe coa directiva da Hermandad Venezolana Galicia – HEVEGA, aos que lle trasladou o “permanente compromiso” da Xunta de colaborar coa situación dos galegos de Venezuela. Neste sentido, cómpre lembrar que esta asociación constituíuse fai dous anos en A Coruña co obxectivo de... Máis información
- As mozas e mozos do Conecta con Galicia 2019, en imaxes 08.09.2019 audio Publícase hoxe unha escolma de fotos do Conecta con Galicia 2019, o programa que a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia desenvolve en colaboración coa Dirección de Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social. Na presente edición, 140 mozas e mozos da Galicia do exterior con idades comprendidas entre os 15 e os 20 anos de... Máis información
- Feijóo destaca a creación dun grupo de traballo interdepartamental para a análise e o seguimento do brexit 06.09.2019 audio Resalta entre os seus obxectivos a avaliación do impacto do brexit na Comunidade; instar as medidas necesarias para minorar o seu impacto ou requirir ante as autoridades competentes a solución dos problemas que se detecten. Incide en que a saída tería unha especial incidencia no sector pesqueiro galego, así como nas exportacións, pois o Reino... Máis información
-
150 mozas e mozos do exterior cursarán os seus mestrados nas 3 universidades galegas grazas ás Bolsas Excelencia Mocidade Exterior
05.09.2019
audio
Arxentina, Venezuela, Brasil e Reino Unido son os países cun maior número de beneficiarias e beneficiarios, dos que 57 cursarán os seus estudos na USC, 55 na Universidade de Vigo, e 38 na UDC.
26 mozas e mozos naceron en Galicia e volven agora á Comunidade a seguir os seus estudos universitarios, cumprindo así un dos obxectivos prioritarios deste...
Máis información
- Miranda salienta o labor que as entidades benéficas do exterior fan polos galegos e galegas residentes no estranxeiro 04.09.2019 audio O secretario xeral da Emigración reúnese con Regina Jallas, presidenta da Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada. Destaca o traballo dunha asociación que “leva anos prestando un servizo impagable aos maiores galegos sen recursos, e sendo un exemplo de eficiencia e de xestión”. O secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
- Galicia gañou 12.391 habitantes en 2018 grazas aos movementos migratorios, un 85% máis que o ano anterior, segundo o IGE 02.09.2019 audio A chegada de inmigrantes (42.757) volveu superar ás emigracións (30.366) por terceiro ano consecutivo. É o maior saldo migratorio positivo desde o ano 2008. As catro provincias galegas rexistraron saldo migratorio positivo. Galicia gañou un total de 12.391 habitantes grazas aos movementos migratorios do ano 2018, o que supón un incremento do 85%... Máis información
Páxinas |









