Novas
Buscador
- A Secretaría Xeral da Emigración convoca “Reencontros na Terra”, o programa que achega ás e aos maiores galegos do exterior á súa terra e ás súas familias 16.04.2019 audio O programa permitirá a 135 galegas e galegos de máis de 65 anos e residentes en América con poucos recursos económicos pasar ata mes e medio en Galicia. As axudas costearán a viaxe de ida e volta e a estancia nunha residencia de tempo libre durante catorce días, onde poderán participar en diferentes actividades socioculturais. O Diario Oficial de... Máis información
- Miranda invita aos centros galegos de Europa a intensificar a súa actividade para fortalecerse durante celebración dos 40 anos do Centro Galego de Marsella 14.04.2019 audio O secretario xeral da Emigración participou nos actos de conmemoración das catro décadas da única entidade galega do sur de Francia. O programa do evento, ao que asistiron o cónsul general de España e a chanceler, Alberto Moreno Humet e María Luisa Lopez Mercader, respectivamente, incluíu a actuación do grupo do centro, Fentos e Toxos. O... Máis información
- Miranda agradece o labor que realiza a asociación Queixumes dos Pinos en prol da cultura galega na celebración do seu 25 aniversario 13.04.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou o importante labor en prol da cultura e tradicións galegas que realiza a asociación Queixumes dos Pinos desde hai un cuarto de século. O responsable autonómico agradeceu á agrupación o seu traballo e colaboración na defensa do patrimonio inmateral de Galicia durante a... Máis información
- Miranda anima ás e aos galegos da Galicia territorial a enorgullecerse do legado da emigración durante o acto de reposición da placa da antiga escola de Suarriba 12.04.2019 audio O secretario xeral da Emigración participou no acto presidido polo ABC do Partido de Corcubión de Bos Aires. O edificio educativo foi o terceiro dun total de catro que a entidade galegoarxentina construíra na zona de Corcubión. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, animou esta mañá a todas as galegas e galegos a “sentirse... Máis información
- Educación financia 100 bolsas para que a mocidade do exterior curse estudos de Formación Profesional de grao superior en Galicia 11.04.2019 audio O alumnado recibirá apoio económico ao longo dos dous cursos do ciclo, aínda que debe cumprir os requisitos de matriculación e rendemento académico. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca este ano un total de 100 bolsas -dotadas con 10.000 euros cada unha delas- para a mocidade do exterior co fin de cursar... Máis información
- Miranda recibe á cónsul de Cuba para concretar as liñas de colaboración en materia cultural de Galicia coa illa centroamericana nos vindeiros meses 10.04.2019 audio Trátase da primeira reunión do secretario xeral da Emigración con Yahima Martínez Millán desde o nomeamento da representante cubana. As previsións de cooperación inclúen a celebración dos 500 anos da fundación da cidade da Habana, un dos principais destinos da emigración galega do século XX. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
- Feijóo di que os grandes cambios que experimentou Galicia nas últimas décadas non se explican sen o binomio emigración-democracia 06.04.2019 audio Recorda que aínda que formalmente as orixes do Parlamento de Galicia se remontan á Constitución e ao Estatuto de Autonomía, o desexo de agrupar as vontades dos galegos e as galegas nunha cámara representativa vén de lonxe. Asevera que a emigración galega é un fenómeno de globalización desprovisto de características negativas e que respecta ás... Máis información
- A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas renova o seu apoio e o compromiso para que a Ribeira Sacra, cuxa candidatura respaldou publicamente na súa xuntanza de 2015, se converta en Patrimonio da Humanidade 05.04.2019 audio As e os catorce membros do órgano permanente da emigración, que recibe mañá a Medalla do Parlamento en representación de todas e todos os emigrantes galegos, amosou a súa satisfacción pola decisión do Consejo de Patrimonio Histórico. A Unesco determinará en 2021 se outorga o recoñecemento, coincidindo co vindeiro Xacobeo. A Comisión Delgada do... Máis información
- Feijóo pide ás e aos galegos do exterior que sexan embaixadores do Xacobeo 2021 e convertan o próximo Ano Santo no mellor da historia 05.04.2019 audio Precisa que os 150 centros galegos no mundo non só levaron por todos os lugares a nosa historia, a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa memoria, senón tamén os nosos valores: tolerancia, convivencia e unión. Asegura que as comunidades de galegas e galegos no exterior son a mellor proba para desmentir falsos argumentos que agroman en algúns lugares... Máis información
- Convocado ‘Aventúrate con Galicia’, o programa da Secretaría Xeral da Emigración que pon a disposición da xuventude galega do exterior medio cento de prazas en campamentos de xuventude 04.04.2019 audio A iniciativa, organizada por Emigración coa colaboración da Consellería de Política Social, ofrece a rapazas e rapaces galegos da diáspora de entre 15 e 17 anos a posibilidade de elixir unha das tres modalidades de actividades. Os beneficiarios e beneficiarias, que convivirán con residentes na Galicia territorial, poderán aloxarse durante a... Máis información
Páxinas |









