A diáspora galega xuntouse para celebrar o Día de Galicia 2019

Imaxe da celebración en Bos Aires
Imaxe da celebración en Bos Aires
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019.

Mentres na compostelá Praza do Obradoiro milleiros de persoas asistían ao espectáculo dos fogos do Apóstolo Santiago, en moitas outras cidades do mundo galegas e galegos residentes no exterior xuntáronse na noite do 24 de xullo para celebrar xuntos a chegada do Día de Galicia, entonando o noso himno e cantando e bailando ao son dos instrumentos e a música tradicional da nosa terra.

Aquí recollemos, en imaxes, a celebración protagonizada pola nosa colectividade en varios lugares da Galicia do exterior.

 

  • En Bos Aires, no Obelisco da capital arxentina:

  • En Montevideo, na praza da Intendencia:

  • En Santos, no Centro Espanhol:

  • En Rosario, ao carón do Monumento á Bandeira arxentina:

  • En Mar del Plata, ao pé do monumento ao General San Martín:

  • En Caracas, na Hermandad Gallega de Venezuela:

En imaxes
748 lecturas