Miranda agradece ás e aos galardoados cos ‘Premios Alecrín 2019’ o seu traballo para “espallar a nosa lingua e tradición máis aló da nosa terra”
O secretario xeral da Emigración participa en Touro no acto organizado pola Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña.
Destaca o labor das entidades galegas en Cataluña a prol da galeguidade, exemplificada nesta “xuntanza anual que nos lembra gran parte do que somos e do que podemos chegar a ser”.
- Imaxe da entrega dos “Premios Alecrín 2019”, outorgados pola Federación de Entidades Culturais Galega en Cataluña – FEGALCAT
- Imaxe da entrega dos “Premios Alecrín 2019”, outorgados pola Federación de Entidades Culturais Galega en Cataluña – FEGALCAT
- Imaxe da entrega dos “Premios Alecrín 2019”, outorgados pola Federación de Entidades Culturais Galega en Cataluña – FEGALCAT
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe, xunto ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, no acto de entrega dos “Premios Alecrín 2019”, organizado pola Federación de Entidades Culturais Galega en Cataluña – FEGALCAT. Neste marco, Miranda agradeceu aos galardoados e galardoadas o seu traballo “para espallar a nosa lingua e tradición máis aló da nosa terra”.
Non en van, e como lembrou o secretario xeral, entre os premiados e premiadas desta edición atópanse a pintora Maite Vázquez, que proxectou o seu traballo en América e Europa sen esquecer as súas orixes en Castro Caldelas; a Banda Musical Isabel II de Touro, polo seu labor a prol da tradición musical das bandas tan arraigada en Galicia; ou Mercedes Lindoso, emigrante lucense que levou o seu espírito emprendedor a Barcelona creando Reformas Carrete e Lista de Vodas Lindoso.
“Estes premios, ademais de ser un gran recoñecemento do talento dentro e fóra de Galicia, son un claro exemplo da capacidade dos galegos”, proseguiu Rodríguez Miranda, quen, neste contexto, destacou o labor das entidades galegas en Cataluña a prol da galeguidade, exemplificada nesta “xuntanza anual que nos lembra gran parte do que somos e do que podemos chegar a ser”.
Novas relacionadas