Miranda recibe aos socios e socias do Centro Galego Val do Rhin que fixeron o último tramo do Camiño de Santiago para conmemorar o seu 40 aniversario

O secretario xeral da Emigración, na Praza do Obradoiro, coas e cos integrantes do Centro Galego do Val do Rhin
O secretario xeral da Emigración, na Praza do Obradoiro, coas e cos integrantes do Centro Galego do Val do Rhin
Vídeo da chegada á Praza do Obradoiro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe a un grupo de máis de medio centenar de socias e socios do Centro Galego Val do Rhin, que chegaron á Praza do Obradoiro tras facer o último tramo do Camiño de Santiago con motivo da celebración do seu 40 aniversario. Neste sentido, Miranda puxo en valor o Camiño como “símbolo da galeguidade” e destacou o traballo deste centro situado na localidade suíza de Heerbrugg, que desde fai catro décadas configúrase como “lugar de encontro e axuda mutua para todos os galegos”. “Hoxe, ás portas do Obradoiro, rememoramos aquel primeiro encontro de galegos que, en 1979, iniciaba a súa andaina en Suíza nun lugar no que, pese á distancia, podías falar galego e recuperar e vivir Galicia”, incidiu. 

965 lecturas