A alcaldesa de Santander e a consejera de Educación y Turismo asistiron á procesión de Santiago 2019, organizada polo Centro Galego de Santander

  • Foto 1: Desfile da Semana Grande do grupo folclórico Airiños da Terra do Centro Galego de Santander
    Foto 1: Desfile da Semana Grande do grupo folclórico Airiños da Terra do Centro Galego de Santander
  • Foto 2: Inauguración da Feria de Gastronomía y Folclore dos Centros Rexionais
    Foto 2: Inauguración da Feria de Gastronomía y Folclore dos Centros Rexionais
  • Foto 3: Procesión de Santiago, coa asistencia da alcaldesa de Santander e a consejera de Educación y Turismo
    Foto 3: Procesión de Santiago, coa asistencia da alcaldesa de Santander e a consejera de Educación y Turismo
  • Foto 4:  Imaxe do Apóstolo, custodiada pola Asociación de Veteranos de la Armada
    Foto 4: Imaxe do Apóstolo, custodiada pola Asociación de Veteranos de la Armada
  • Foto 5: Santa Misa, celebrada na igrexa parroquial de Santa Lucía
    Foto 5: Santa Misa, celebrada na igrexa parroquial de Santa Lucía
  • Foto 6: Invocación ao Apóstolo, pronunciada polo presidente do Centro, José Antonio Otero Hermida
    Foto 6: Invocación ao Apóstolo, pronunciada polo presidente do Centro, José Antonio Otero Hermida
  • Foto 7: Interpretación do himno do Antigo Reino de Galicia, a cargo do grupo Airiños da Terra
    Foto 7: Interpretación do himno do Antigo Reino de Galicia, a cargo do grupo Airiños da Terra
  • Foto 8: O coro Voces de Santander tamén interveu no oficio relixioso
    Foto 8: O coro Voces de Santander tamén interveu no oficio relixioso
  • Foto 9: Foto de familia ao remate do acto relixioso
    Foto 9: Foto de familia ao remate do acto relixioso
  • Foto 10: Actuación dos grupos folclóricos nas prazas de Pombo e Cañadío
    Foto 10: Actuación dos grupos folclóricos nas prazas de Pombo e Cañadío
Listen to this page using ReadSpeaker
Santander (Cantabria), 31 de xullo de 2019.

O venres 19, coincidindo co inicio da Semana Grande de Santander, as Casas Rexionais participaron no desfile partindo de Puertochico como xa é tradicional. O Centro Galego de Santander, co seu grupo folclórico Airiños da Terra (foto 1), abría a comitiva percorrendo a cidade ata a Plaza del Ayuntamiento, onde tivo lugar o tradicional chupinazo que marcou o inicio das festas de Santiago 2019. A partir dese día e ata finais de xullo, está instalada no Sardinero a XI Feria de Gastronomía y Folclore dos Centros Rexionais. As diferentes Casas Rexionais presentes en Santander, terán instaladas carpas diante do estadio do Racing, nas que se ofrecerá unha mostra da gastronomía propia de cada rexión. A feira foi inaugurada o sábado día 20 na carpa da Hermandad del Rocío, coa presenza da alcaldesa de Santander, Gema Igual, acompañada pola concejala de Festejos, Lorena Gutiérrez. A Casa de Galicia en Cantabria está presente de forma significativa nesta edición (foto 2).

A tradicional Procesión de Santiago tivo lugar como é costume o día 25, presidida pola Xunta Directiva, a alcaldesa de Santander, Gema Igual Ortiz, e a consejera de Educación e Turismo do Gobierno de Cantabria, Marina Lombó (foto 3). Partiu desde a sede do Centro Galego na rúa Peña Herbosa 6, continuando  por Casimiro Sainz, percorrendo as rúas de Hernán Cortes e Daoiz e Velarde. A comitiva estivo acompañada dun gran número de socias e socios, coa rúa chea de xente aplaudindo ao paso da procesión, co acompañamento de o Grupo Folclórico Airiños da Terra e a Asociación do Traje Rexional Cántabro de Torrelavega, que como é xa tradicional portaron a imaxe do Apóstolo, nesta ocasión custodiada por Asociación de Veteranos de la Armada, desde a sede do Centro Galego, ata a Igrexa de Santa Lucía (foto 4).

Ás 12:00 h tivo lugar a Santa Misa na igrexa parroquial de Santa Lucía, concelebrada polo seu párroco titular, José Olano e o P. Eleuterio Castanedo. Asistiron este ano o concejal de Economia y Hacienda do Ayuntamiento de Santander, Víctor González Huergo, o director general de Administración Local, Pedro García Carmona, en representación da Consejería de Presidencia y Justicia, así como os exdelegados de Defensa Miguel Ángel Merino e José María Grande, acompañados polas súas donas (foto 5).

Durante a celebración da Santa Misa, fixéronse as lecturas e as peticións a cargo de integrantes do grupo Airiños da Terra. Posteriormente o presidente do Centro, José Antonio Otero Hermida, pronunciou a tradicional invocación ao Apóstolo (foto 6). Na mesma, tras lembrar ás socias e socios falecidos, así como ás vítimas da violencia de xénero, rogou ao Apóstolo Santiago a súa intercesión para resolver os graves problemas polos que atravesa España, derivados principalmente da crise económica e a nova situación exposta da división da nación española, a crise humanitaria dos refuxiados e refuxiadas, pola nación irmá de Venezuela, facendo votos finalmente para erradicar o problema do paro que afecta fundamentalmente á mocidade.

Ao finalizar a Santa Misa, o grupo Airiños da Terra do Centro Galego de Santander interpretou con gran solemnidade o himno do Antigo Reino de Galicia (foto 7). A intervención do coro Voces de Santander axudou a dar solemnidade ao oficio relixioso (foto 8). A foto de familia á saída da Igrexa serviu como recordo do acto relixioso (foto 9).

A continuación tivo lugar a tradicional actuación dos grupos folclóricos nas populares prazas de Pombo e Cañadío (foto 10).

Posteriormente, nos salóns do Centro Galego celebrouse o tradicional Xantar Galego de Irmandade, cunha gran asistencia de persoas asociadas, que este ano estivo presidida polo xefe superior de Policía de Santander, Héctor Moreno García, o ex-delegado de Defensa Miguel Ángel Merino, as e os representantes das Casas Rexionais e a Irmandade do Rocío, integrantes do grupo Airiños da Terra, a Asociación do Traje Regional Cántabro de Torrelavega, así como representantes dos Veteranos de la Armada. Para finalizar serviuse unha queimada, preparada polo mestre de cerimonias, e exvocal da Xunta Directiva, Luís Fernández. 

Fonte e fotos: Centro Galego de Santander

107 lecturas