Miranda visita as mozas e mozos galegos do exterior de entre 18 e 20 anos que conviven cos da Galicia territorial no albergue de Gandarío grazas a “Conecta con Galicia”

  • Imaxe da visita, esta mañá, do secretario xeral da Emigración
    Imaxe da visita, esta mañá, do secretario xeral da Emigración
  • Imaxe da visita, esta mañá, do secretario xeral da Emigración
    Imaxe da visita, esta mañá, do secretario xeral da Emigración
Listen to this page using ReadSpeaker
Bergondo (A Coruña), 26 de xullo de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo director do Complexo Xuvenil As Mariñas , Eduardo Vázquez Sánchez, visitou as mozas e os mozos galegos da Arxentina, O Uruguai e O Brasil que conviven desde no campamento que a Dirección Xeral de Xuventude ten en Gandarío. Logo de facer nunha primeira etapa o Camiño de Santiago desde Ourense, as e os participantes na segunda quenda do programa “Conecta con Galicia” 2019 da Secretaría Xeral da Emigración, de entre 18 e 20 anos de idade, gozan desde o mércores da práctica de actividades ao aire libre, como vela, snorkel, pádel surf, wind, kaiak, orientación e tiro con arco, entre outras. O responsable autonómico mantivo un encontro coas mozas e mozos galegos, tanto coas e cos residentes no exterior como cos da Galicia territorial, cos que charlou sobre a súa experiencia percorrendo o Camiño de Santiago e no campamento de Gandarío. 

383 lecturas