Miranda avoga polo retorno emprendedor galego para impulsar a mellora da competitividade empresarial e afrontar o reto demográfico

Salienta a importancia do programa de axudas ao retorno emprendedor, aberto á solicitude de axudas ata fin de mes, e anima aos emprendedores do exterior “a traer de volta a súa terra todo o coñecemento adquirido”

Destaca que máis de 150 galegos retornados activaron novos negocios co apoio da Xunta desde a posta en marcha desta iniciativa

Subliña que no último ano A Coruña foi a provincia na que máis emprendedores decidiron establecer os seus proxectos, cun total de 20, dos que case a metade asentáronse no concello herculino

  • O secretario xeral da Emigración comparte unha das clases de aprendizaxe musical de bebés impartida por Rubén Someso Gómez, de volta en Galicia tras varios anos en Holanda e Reino Unido
    O secretario xeral da Emigración comparte unha das clases de aprendizaxe musical de bebés impartida por Rubén Someso Gómez, de volta en Galicia tras varios anos en Holanda e Reino Unido

Listen to this page using ReadSpeaker
A Coruña, 12 de setembro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, avogou hoxe polo retorno emprendedor galego como eixo sobre o que impulsar a competitividade empresarial e afrontar o reto demográfico. “Desde a Xunta estamos a traballar no retorno do talento galego espallado polo mundo”, salientou Miranda durante a súa visita a unha das clases de aprendizaxe musical de bebés impartida no centro infantil Pipoca por Rubén Luis Someso Gómez, emprendedor de volta en Galicia tras anos de aprendizaxe en Holanda e Reino Unido.

“O de Rubén é un bo exemplo de como traer de volta a Galicia todo o coñecemento adquirido”, proseguiu o secretario xeral, quen destacou as facilidades ofrecidas nesta volta a casa polo programa de apoio ao retorno emprendedor, aberto aínda á solicitude de axudas ata fin de mes.

Estas axudas, explicou Miranda, están dotadas dunha contía fixa de 5.000 euros por cada retornado emprendedor, que pode incrementarse en 1.000 euros máis se se trata dunha muller, e noutros 2.000 se, ademais, o negocio está establecido nun concello rural. Para acadar a axuda, o interesado debe aportar un plan de negocio empresarial que conte cun informe de viabilidade económica e financeira de entidade independente, entre os cales figuran a unidade de Galicia Emprende e os axentes de emprego e desenvolvemento local.

Desde a posta en marcha do programa, proseguiu Miranda, máis de 150 galegos retornados teñen aberto novos negocios co apoio da Xunta. E só no último ano, A Coruña foi a provincia na que máis emprendedores decidiron establecer os seus proxectos, cun total de 20, dos que case a metade asentáronse no propio concello herculino.  

Case 3.000 galegos retornaron á provincia

“Esta aposta polo retorno emprendedor non só nos permite atraer talento, senón que tamén é un piar sobre o que afrontar o reto demográfico”, proseguiu Miranda, quen resaltou que no 2018 preto de 3.000 coruñeses retornaron á provincia, moitos deles menores de 45 anos.

“Desde a Xunta de Galicia somos conscientes de que a nosa terra dispón dun gran activo capaz de converterse nun dos piares fundamentais sobre os que afrontar o reto demográfico: os miles de galegos de segundas e terceiras xeracións que residen fora da nosa comunidade, pero que conservan o seu vínculo coa terra que viu partir os seus pais e avós”, concluíu Miranda.

180 lecturas