Miranda amosa o seu apoio aos galegos de Lleida e agradece ao seu centro o traballo que desempeñan diariamiente a prol da galeguidade

Sitúa ás entidades de Cataluña como “exemplo de integración e cooperación”: “O Centro de Lleida é parte fundamental da Unión de Asociacións Galegas de Cataluña, con preto de 1.000 socios dos que case 700 son galegos”

Tralo seu paso por Galicia, anímaos a “volver aos seus fogares como os mellores embaixadores da nosa terra”, en especial de cara ao vindeiro Xacobeo 21

  • O secretario xeral da Emigración recibe na Praza de Mazarelos a un grupo de máis de medio cento de socios desta entidade galega
    O secretario xeral da Emigración recibe na Praza de Mazarelos a un grupo de máis de medio cento de socios desta entidade galega
  • O secretario xeral da Emigración recibe na Praza de Mazarelos a un grupo de máis de medio cento de socios desta entidade galega
    O secretario xeral da Emigración recibe na Praza de Mazarelos a un grupo de máis de medio cento de socios desta entidade galega
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago, 10 de setembro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe na Praza de Mazarelos a un grupo de máis de medio cento de socios do Centro Galego de Lleida que están a visitar Galicia durante estes días. Neste marco, Miranda trasladoulle o seu apoio, e o de todo o goberno autonómico, “aos galegos de Lleida e de toda Cataluña, nun momento de especial incerteza política e social”.

Miranda quixo, así mesmo, coñecer polo miúdo as previsións da entidade galega para o presente exercicio, e aproveitou para reiterar o respaldo do Goberno galego á traxectoria de unidade que fortalece ás diferentes asociacións e centros galegos en Cataluña desde hai anos. “Os galegos residentes en Cataluña integran unha das colectividades máis unidas, e o Centro Galego de Lleida é un bo exemplo de integración e cooperación, sendo parte fundamental da Unión de Asociacións Galegas de Cataluña, que suma preto dun milleiro de socios dos que case 700 son galegos”, afondou.

O secretario xeral da Emigración salientou que esta Unión, como o resto de entidades de Cataluña, “aglutinan e dan voz á diversidade identitaria e cultural dos galegos nesta comunidade autónoma e fomentan a participación na súa vida social, levando a voz de Galicia a Cataluña e viceversa”.

Neste sentido, Miranda animou “a toda a galeguidade en Cataluña, e en especial aos socios do Centro Gallego de Lleida”, a “volver aos seus fogares como os mellores embaixadores da nosa terra”, en especial de cara ao vindeiro Xacobeo 21. “O Xacobeo xa é imparable. E por iso vos invito, aproveitando o voso paso por Galicia, a erixirvos nos seus maiores divulgadores, embaixadores e testemuñas”, concluíu.

208 lecturas